ATENDE

URXENTE!! A campaña de axuda a Gaza nas farmacias de Ames REMATA o XOVES 11 ás 14:00h

By on septiembre 10, 2014

Esta campaña que lanzamos a mediados de agosto da Asociación Médica Hispano-Palestina e a Fundación Araguaney  en colaboración con todas as farmacias de Ames ten que pecharse de maneira inmediata porque urxe que o reciban en Gaza canto antes. Estaba prevista ata final de setembro pero temos que pechala xa dada a súa necesidade inmediata.

AINDA PODEDES FACER ENTREGA DE MEDICAMENTOS OU ACHEGAS EN CARTOS ATA ESTE XOVES DÍA 11 ÁS 14:00H.

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE AXUDA A GAZA EN AMES

Todas as farmacias de Ames colaboran coa Asociación Médico Hispano-Palestina e coa Fundación Araguaney constituíndose en puntos de recollida de medicamentos, material médico e doazóns económicas

A criminal agresión militar perpetrada por Israel contra a a Franxa de Gaza, leva provocada unha enorme cantidade de mortos e feridos (o 30% nenas e nenos). A crise humanitaria provocada por este ataque vese aínda máis agravada pola destrución da meirande parte das instalacións sanitarias dese territorio, sometido aun férreo e ilegal bloqueo polas autoridades do Estado de Israel.

Para paliar no posible a situación creada, a Asociación Médica Hispano – Palestina puxo en marcha unha campaña de recollida e envío de axuda humanitaria a Gaza, que en Galicia coordina a Fundación Araguaney.

 AMES NOVO solicitou a axuda das farmacias instaladas no municipio para facilitar a participación solidaria da cidadanía, obtendo a inmediata colaboración de todas elas nesta campaña humanitaria.

Como se pode colaborar?

Levando á farmacia máis próxima os medicamentos que non estean caducados (blisters ou caixas completos, tamén paquetes de vendas ou outro material sanitario que manteña a integridade do empaquetado). As medicinas que se necesitan son: Antibióticos, antiinflamatorios, analxésicos, pomadas para as queimaduras, gasas de vaselina, apósitos e vendas de todo tipo.

Ademais, en cada farmacia hai unha hucha na que se pode deixar unha doazón, de calquera importe, que ao final da campaña será trocado polos medicamentos que a Asociación precise.

Como tamén se necesita material voluminoso (tendas de campaña, mantas, aparellos médicos…), para evitar custes de envío, ese material se merca en Xordania e Exipto. Para contribuír á súa adquisición pódese facer unha doazón na conta IBAN ES39 2038 1173 7860 0048 4825 de Bankia a nome da AMHP.

Por último, precísanse profesionais da sanidade das seguintes especialidades: Traumatólogos/as, cirurxiáns plásticos/as (para as queimaduras), cirurxiáns vasculares, neurocirurxiáns, enfermeiras/os instrumentistas e especialistas en queimados. As persoas dispostas a prestar axuda como voluntarias sobre o terreo, deben pórse en contacto directamente coa Fundación Araguaney.

Chamamos a toda a poboación amesá a participar de xeito solidario na axuda ás vítimas inocentes dunha situación cruel. Axudar é moi fácil: só é necesario achegarse á farmacia máis próxima.

A CAMPAÑA REMATA O 11 DE SETEMBRO (non o 30)

Axuda a Gaza

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.