ATENDE

O goberno do PP elimina as axudas para material escolar de primaria e secundaria

By on junio 29, 2012

O goberno de Ames aprobou recentemente as bases para as axudas adquisición de libros e material de 2º ciclo de infantil; e as axudas ás ANPA (aínda non están abertas, publicaranse en breve no BOP da Coruña do que informaremos no seu momento). A convocatoria refírese no primeiro caso ao curso que ven de rematar 2011/2012, e no segundo caso ao exercicio 2011. Isto chámase eficiencia, previsión e apoio as familias. A programación previsora do PP conduce a abrir as convocatorias cando xa rematou o curso no caso dos libros e material, e medio ano despois de rematar o ano 2011.

Aínda máis grave que o retraso é a eliminación as axudas no caso de primaria e secundaria. A última convocatoria de 2010 e as anteriores incluían

  • en Educación Infantil: a adquisición de material escolar e libros de texto.
  • en Educación Primaria e Secundaria Obrigatoria: a adquisición de material escolar e cadernos complementarios.

A convocatoria de 2012 só recolle 2º ciclo de infantil e non Primaria nin ESO.

E na liña de todos os servizos de Ames hai un recorte brutal das axudas, que neste caso afecta de forma directamente ás familias con menos recursos

  • As axudas para libros de texto e material escolar, pasan do curso 2010/11: 36.000€ ao curso 2011/2012: 18.500€
  • As axudas ás ANPA pasan do ano 2010: 48.000€ ao ano 2011: 18.500€.

As bases destas convocatorias foron aprobadas na Xunta de goberno do día 7 de xuño de 2012, e que aínda non foron publicados no BOP, polo que as convocatorias aínda non están abertas, pero recollemos as bases aprobadas no documento anexo

  • BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR DESTINADOS A ALUMNADO DE 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL. CURSO 2011/2012
  • BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA PROMOCIÓN DE ACTIVIDADES LEVADAS A CABO POR ANPAS DOS CENTROS EDUCATIVOS DO CONCELLO AMES NO EXERCICIO 2011

Bases axudas libros texto e ANPA 2012

Recollemos tamén as convocatorias para que poidades comparar co 2010
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2010/10/08/bop_193.pdf  (páxinas 51-56 e 57-66)

About Admin