ATENDE

CAMPAÑA DE AXUDA A GAZA. GRAZAS!

By on septiembre 24, 2014

Desde mediados de agosto e ata o pasado día 11 estivemos desenvovlendo unha campaña de recollida de axuda sanitaria para Gaza nas farmacias de Ames.

O ataque criminal do exército israelí contra a pboación da Franxa de Gaza deixou tras de si un escalofrinate balance de peersoas Axuda a Gaza Webmortas e feridas, un 30% nenos e nenas. Para alén diso a destrución de boa parte das infraestruturas daquel territorio e, nomeadamente, as destinadas á atención sanitaria da poboación incrementou a situación de emercencia humanitaria da poboación gazatí.

Nese contexto a Asocicación Médica Hispano-Palestina (AMPH) lanzou unha campaña de recollida de axuda sanitaria e humanitaria destinada a Gaza. A acción estivo coordinada en Galicia pola Fundación Araguaney. Ames Novo colaborou coa campaña, difundíndoa e captando a colaboración xenerosa das farmacias de Ames, que foron habilitadas como puntos de recollida da axuda.

Cómpre agora facer balance desta campaña que foi un completo éxito, poñendo de relevo a solidariedade da cidadanía amesá nesta causa. A axuda, tanto económica como en forma de medicamentos depositados traduciuse en ducias de caixas de analxésicos, antiinflamatorios e antibióticos, ademais de outro material para curas, que puideron ser enviados através da Fundación Araguaney á poboación de Gaza.

Desde aquí só podemos dicir GRAZAS! Grazas a todas e todos os que contribuistes coas vosas achegas. Grazas a todas e todos os titulares das oficinas de farmacia do concello pola súa colaboración, non só mediante a recollida senón tamén con achegas xenerosas.

Lembrarvos finalmente que, ademais do material farmacéutico enviado, a campaña tamén se propón contribuir á adquisición de outro material como mantas, tendas de campaña, camillas, aparatos médicos… que, dado o seu volume e os elevados custes de transporte, ten que ser adquirido en Exipto e Xordania. Para facer achegas que permitan dotarse deste material continúa aberta a conta IBAN ES39 2038 1173 7860 0048 4825 en Bankia, a nome da AMHP. As nosas aportacións, calquera que sexa o seu importe continúa sendo necesario.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *