ATENDE

AMES NOVO ESIXE QUE AS PARCELAS NON URBANIZADAS PAGUEN O IBI COMO RÚSTICAS

By on septiembre 25, 2014

Ames (23.09.2014). Nota de Prensa

Ames Novo presenta unha moción instando ao Catastro para que as parcelas non urbanizadas sexan consideradas como rústicas no valor catastral e paguen o IBI como tal. Unha recente Sentenza do Tribunal Supremo muda a consideración feita ata o momento das fincas urbanas. Esta sentenza permitiría resolver o problema dos veciños propietarios de fincas no polígono Portanxil-Pegariños, que están pagando como urbanos terreos que non o van ser nunca. Tamén denunciamos o pago dobre do IBI de terreos afectados pola concentración parcelaria de Biduído-Bugallido

Ames Novo ven de rexistrar unha moción para instar ao Catastro neste Pleno e conseguir que as parcelas non urbanizadas paguen impostos como rústicas. Ata agora todas as parcelas que no Plan xeral estaban sectorizadas como urbanizables figuraban no catastro -e a efectos fiscais- como urbanas, e tiñan que pagar o IBI como tal aínda que na práctica fosen rústicas. As parcelas cualificadas como urbanizables no PXOM que non contan con accesos, auga, saneamento ou rede eléctrica, grávanse cun IBI urbano equivalente ao dun solar que estea listo para edificar. Ames Novo entende que se trata dun gravame inxusto, xa que lle cobra tributos en calidade de urbanos a terreos que na práctica non o son. Esta moción foi elaborada sobre unha proposta base de Compromiso por Galicia.
O pasado 30 de maio de 2014 o Tribunal Supremo na Sala do Contencioso ditou sentenza que indica que os propietarios de terreos considerados nos Plans Xerais Municipais como urbanizables e que, pola súa propia definición, aínda non son urbanos porque non foron sometidos a obras de urbanización, non pagarán o Imposto de Bens Inmobles (IBI) de natureza urbana, senón rústica.
A moción de Ames Novo insta a Dirección Xeral do Catastro do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas) a cumprir a sentenza e revisar a cualificación desas parcelas. Ademais o Concello debe proporcionar a documentación oportuna para facer esta revisión, de cara a que todas as parcelas paguen no seguinte exercicio co valor apropiado. A modificación do valor do catastro afecta a diversos impostos municipais que basean a súa contía no carácter rústico ou urbano da parcela, moi especialmente ao IBI.
Esta Sentenza debe servir tamén para resolver un problema que veñen denunciando moitos veciños de Trasmonte no polígono empresarial de Portanxil-Pegariños, xa que deberían estar pagando o IBI como rústicas unhas parcelas que no PXOM están reservadas para polígono industrial, e que nunca foron urbanizadas para tal fin. Con esta base xurídica o Concello debe resolver xa o problema destes veciños.
Pago dobre do IBI
A parte desta moción, Ames Novo vai trasladar o Pleno o problema dos veciños e veciñas afectados pola concentración parcelaria Biduído-Bugallido que están pagando polas fincas novas e polas vellas. Varios veciños da zona puxéronse en contacto con nós para denunciar que lles estaban remitindo os recibos polas novas fincas asignadas pola parcelaria, unha vez que pagaron durante estes anos polas anteriores, e isto afecta ao ano 2014 e aos 3 anteriores (2011, 2012, 2013). Instamos a que o Concello revise estas situación para que a Deputación subsane de oficio esta chapuza e se devolvan a aqueles que xa pagaron a diferencia, de novo temos que ser os veciños e Ames Novo quen debemos estar atentos para evitar os abusos. Non hai dereito.

About Admin

2 Comments

  1. Rei Cintoulo

    octubre 10, 2015 at 9:30 am

    O que tamén debería executarse e non fazer a vista gorda é sobre os impostos os vados de garaxes que nunca tiveron as urbanizacións de vivendas de Bertamirans e o Milladoiro e que, polo feito de estaren “alexados” do centro urbán NON os exime de contribuir IGUAL que o resto.
    NON PODE ser que calqueira repartidor, instalador ou visitante de esas urbanizacións non poida parar nin tan sequera un minuto pois se lle votan enriba co morro de: E A MIÑA CASA E TEÑO TODOS OS DEREITOS.
    Espero que se faga coma en Santiago, donde se lles comezóu a cobrar con caracter retroactivo ese imposto de vado de garaxe.

  2. Rei Cintoulo

    octubre 10, 2015 at 9:46 am

    Tamén se fai necesario que SE DEFINA e se lle dé solución a especie de alondra que anida nos aleiros dos tellados de Bertamirans e Milladoiro, queimando os toldos dos comerzos e emporcando as aceras co risco que conleva a TOXICIDADE real de eses escrementos.
    Porque si a especie anidadora non é a definida é protexida coma golondrina común o andorina (Hirundo rustica)https://es.wikipedia.org/wiki/Hirundo_rustica ,e si é o avión común (Delichon urbicum)https://es.wikipedia.org/wiki/Delichon_urbicum, especie que non está en risco,
    debería poñerse o sentido común para protexer a uns e a outros, xa sexa poñendo uns pequenos soportes baixo os nidos e limpalos cada ano ou calqueira outra solución que permita a saúde de todos.

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *