ATENDE

Ames Novo esixe á Xunta o arranxo do patio inferior da EEI Milladoiro

By on octubre 22, 2014

Susana Mayo: “A situación xa foi denunciada pola dirección do centro, polo Consello Escolar e pola Anpa dende o primeiro curso e non houbo resposta”

Ames (16.10.2014) Ames Novo ven de rexistrar esta mañá unha Moción ao Pleno instando á Consellería de Educación para que recoñeza a súa responsabilidade sobre a execución defectuosa do patio inferior da EEI Milladoiro e realice cantas obras sexan precisas nesta zona para evitar as inundacións.

Tal e como sinala a concelleira de Ames Novo, Susana Mayo, “a Escola de Educación Infantil Milladoiro conta cun espazo moi limitado para organizar os recreos e outras actividades de lecer do seu alumnado”. Actualmente, con catro liñas completas en tres cursos de infantil, débese distribuír os/as rapaces/as nos baixos do edificio que actúan a modo de patio parcialmente cuberto, sen que exista un espazo alternativo a este.

A situación do centro complícase moito cando chega o tempo de chuvia, a maior parte do curso escolar en Galicia, xa que este patio se inunda sistematicamente, non permitindo a súa utilización.

Susana Mayo apunta que “esta situación foi denunciada pola dirección do centro, polo seu Consello Escolar e tamén pola ANPA Millapeques desde o primeiro curso en que a EEI Milladoiro abriu”. Polo tanto, a disfunción do pavimento do patio non se debe nin ao uso nin ao mal uso das instalacións, senón a un defecto estrutural só atribuible á entidade construtora do edificio, a Xunta de Galicia.

Agora, “coa chegada dun novo curso, o sétimo dende a apertura do centro, segue sen haber iniciativa por parte da Consellería de Educación para solucionar este problema que impide o normal desenvolvemento da actividade curricular da EEI Milladoiro”.

 

Uns columpios agardando catro anos a ser colocados

Ademáis, Ames Novo denuncia tamén o “sinsentido de que nos baixos da Escola haxa unha estructura de xogos, similar a un columpio, embalada e deteriorándose dende hai catro anos”. Tal e como sinala a concelleira de Ames Novo: “o Goberno Municipal depositouno alí hai catro anos pero esqueceu o detalle de instalalo”.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *