ATENDE

Amor protexe á Xunta e impide debater unha proposta para arranxar un patio escolar

By on octubre 22, 2014

O alcalde impide que se debata neste Pleno a Moción de Ames Novo instando á Xunta para habilitar o patio inferior da EEI do Milladoiro.

O goberno pretende paralizar unha demanda da dirección do centro, do Consello Escolar e da ANPA.

Ames (22.10.2014) Ames Novo rexistrou a MOCIÓN EEI MILLADOIRO o día 16 de outubro de 2014 para que o Pleno aprobase o seguinte acordo instando á Consellería de Educación:

1. Recoñeza a responsabilidade sobre a execución defectuosa do patio inferior da EEI Milladoiro, que provoca inundacións incompatibles co desenvolvemento da actividade diaria do centro.

2. Substitúa o pavimento e realice cantas obras sexan precisas nesta zona para a correcta drenaxe e/ou evacuación da auga do patio.”

Diante desta proposta o alcalde respondeu que “non se incluirá a súa moción nas comisións informativas do mes de outubro, de cara a contar cos informes oportunos para a súa valoración por parte do departamento correspondente”. O alcalde está facendo un abuso da súa prerrogativa de incluír os puntos no pleno (e nas comisións previas) impedindo o exercicio democrático da oposición. Os informes son preceptivos cando son propostas dirixidas ao propio Concello ou cando este se ve afectado económica ou xuridicamente. Non é este o caso, xa que do que se trata é de instar á Consellería de Educación como xa temos feito en diversas ocasións.

O alcalde abusa do seu poder aproveitándose da falta de regulamento de organización municipal -que Ames Novo leva 3 anos solicitando, para o que elaboramos e rexistramos unha proposta e que o goberno se comprometera a aprobar-. Pretende decidir unilateralmente o que se debate e o que non, actuando como un déspota de patacón, facendo do Pleno unha finca particular que administra a conveniencia do PP ou del mesmo. Durante todo o mandato evitou dispoñer de normas básicas de organización interna e de participación cidadá para poder facer o que lle dera a gana.

Neste caso o alcalde volve actuar como delegado do PP en Ames, desprezando as demandas cidadás para defender ao goberno Popular da Xunta. Agora xa sabemos que quería dicir o do “goberno amigo”: Non se trataba dun maior apoio por parte das administracións en mans do Partido Popular -o castigo a Ames nos orzamentos da Xunta e do Estado está relacionados coa incompetencia e irrelevancia do alcalde de Ames-, tratábase de que o Sr. Amor “defendese aos seus amigos” do PP na Xunta, que son quen o manteñen aí. Dá igual desconsiderar as demandas xustas da comunidade educativa do Milladoiro, o importante para o Sr. Amor e non molestar aos que mandan e o manteñen no posto. Seguro que ten moito que defender no seu proveito, os únicos prexudicados: a cidadanía de Ames.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *