ATENDE

Encontro de Mareas cidadás en Ames

By on noviembre 6, 2014

Este domingo día 9 de novembro haberá un novo encontro das diferentes iniciativas municipalistas xurdidas en Galicia, esta xuntanza organizada por Ames Novo dará continuación á boa experiencia da Marea Municipalista que a Marea Atlántica organizou este outubro. O obxectivo é o intercambio, o debate e a colaboración entre estas alternativas cidadás de confluencia que queren rematar definitivamente coa «vella» política que corrompe a democracia, empobrece a sociedade liquidando o público e o común para beneficiar a unha inmensa minoría. Somos iniciativas que queremos recuperar o entusiasmo da democracia a través do protagonismo cidadán e unha política centrada nas persoas.

Desta volta o encontro terá lugar no Milladoiro (Ames) coa intención de avanzar debates que quedaron abertos na Coruña e que ordenamos en 4 áreas necesarias para construír alternativas desde abaixo, asentadas na pluralidade e na forza da cidadanía. Esas áreas son:

  1. Programa participativo de goberno. Implicación cidadá e ordenación de ideas. (métodos, ferramentas para organizar… asembleas, coñecemento e propostas).

  2. Procedemento de primarias: censo, formas de voto e compromisos das persoas candidatas. Código ético.

  3. Comunicación e implicación da xente nas mareas. Mapear a cidadanía, a quen interpelar e envolver no proceso. Como interactuar nas redes.

  4. Discurso, ideas e palabras para ser hexemónicas.

Ten confirmada a presenza en todas as áreas de traballo da Marea Atlántica, Ourense en Común, Marea de Vigo, Marea de Pontevedra, Marea Ártabra, Compostela Aberta, e tamén manifestaron a súa vontade de participar iniciativas de Noia, Cambre, Abegondo, Ribadeo, Lugo, Ares e outras. Queremos ademais convidar as diferentes iniciativas que están xurdindo coa vontade municipalista de seren candidaturas cidadás abertas e de confluencia. Se queren participar deben enviar un correo a ames.novo@gmail.com

Programa da Xornada

Domingo 9 de novembro, na Casa da Cultura do Milladoiro (Ames)

Horario:

  • 11:30h Recepción, obxectivos da xornada e distribución en grupos

  • 12:00h-14:00h Traballo en grupos por cada área

Xantar

  • 16:00h-16:30h Elaboración de conclusións de cada grupo.

  • 16:30h-17:30h Posta en común e debate das propostas dos grupos (15′ cada unha)

  • 17:30h-18:00h Conclusións da xornada e avaliación.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.