ATENDE

Ames Novo esixe, unha vez máis, a rescisión do contrato das Escolas Deportivas a Eulen

By on noviembre 13, 2014

Anxo Doval: “A sanción imposta polo goberno municipal é un lavado de cara co que se demostra que o PP prima os intereses da empresa aos da cidadanía”

 Ames (13.11.2014) Hai xusto un ano, dende que Ames Novo esixiu que se lle rescindise o contrato das Escolas Deportivas á empresa Eulen por incumprimento, despois de recoller as queixas dos usuarios e comprobar o grave deterioro do servizo. Naquel momento, o goberno tivo o atrevemento de negalo e de afirmar que non había motivos para preocuparse.

Non foi así o que demostrou a Comisión consituída a instancias dunha moción de Ames Novo no pleno de Decembro de 2013, que concluiu que “o Alcalde de Ames, á vista dos reiterados incumprimentos da empresa Eulen SA, rescinda o contrato con dita empresa e convoque unha nova licitación pública do servizo de escolas deportivas no mes de Agosto”. Pódese ver a documento completo das conclusións de Escolas Deportivas aquí.

Outro dos acordos sinalaba que o goberno debía levar a Pleno as conclusións e acordos acadados,cousa que nunca fixo e, sem ambargo, opta por acordar en Xunta de Goberno unha sanción de 4.500€ á empresa.

Para Ames Novo é insultante todo este procedemento, xá que para Eulen “4.500€ son un lixo nun ollo. O goberno do Partido Popular demostra que é mais importante protexer á empresa que velar póla calidade do servizo prestado aos cidadáns.” Nin siquera se tiveron em conta outros incumplimentos atestiguados na comisión como a falta de titulación dalgúns monitores ou a falta de moito material que a empres atiña que poñer. Ademáis de non cumplir o procedemtno marcado na Comisión a resolución é extemporánea pois estamos xa noutro curso e non sabemos si a empres asigue cos mesmos incumplimentos e pola tanto a reiteración poidera dar lugar a maior sanción. É por todo isto que esiximos, unha vez mais, que se rescinda o contrato con Eulen.

Ames Novo reitera que se “cumpriron os nosos peores temores cando enunciamos a temeridade da oferta de Eulen e a falta de experiencia desta empresa neste tipo de actividades”. Esta empresa é coñecida polo seu medre cos gobernos do PP e por facer ofertas temerarias rebaixando a calidade dos servizos.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *