ATENDE

Chamamento a unha celebración compartida do 25 de xullo

By on julio 12, 2012

A asemblea de Ames Novo, agrupación nacionalista municipal, acordou na súa xuntanza do pasado día 6 de xullo dirixirse a Compromiso por Galicia e á coordinadora das Asembleas do Novo Proxecto Común, para facerlle chegar a súa posición, adoptada por unanimidade na devandita xuntanza, a prol da celebración conxunta do do 25 de xullo. Entendemos que esa celebración conxunta debe concretarse mediante un ou varios actos que deberan acordar ambas as partes, como expresión dunha firme vontade e aspiración de conseguir a unidade do nacionalismo e o galeguismo de esquerda, renovador e progresista. Estamos certos de que a nosa posición como Ames Novo expresa un sentir amplamente compartido na sociedade galega, e particularmente nos ámbitos de sensibilidade nacionalista/galeguista e progresista, e entendemos que o 25 de xullo ofrece unha oportunidade especialmente axeitada para que ese sentir se vexa plasmado cara ao conxunto da sociedade galega, polo que agardamos que a nosa proposta sexa debidamente atendida.

Ames, a 10 de xullo de 2012

About Admin