ATENDE

Convocatorias de axudas libros de infantil e ANPAs

By on julio 16, 2012

Xa foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia as convocatorias pendentes do ámbito educativo:

Podedes descargar aquí  as convocatorias que teñen un mes de prazo para a súa solicitude desde a publicación no BOP  (días 4 e o 6 de xullo respectivamente)

  • Convocatoria axudas ANPA 2011: Bases da convocatoria de axudas para promoción de actividades levadas a cabo por ANPAS dos centros educativos do Concello de Ames no exercicio 2011.  O prazo remata o 6 de agosto.

 

Como xa comentamos nun post anterior as axudas saen unha vez rematado o curso e o ano correspondentes, con supresión de liña de axudas e recortes  superiores ao 50%. En concreto:

  • A eliminación as axudas de primaria e secundaria
  • As axudas para libros de texto e material escolar, pasan do curso 2010/11: 36.000€ ao curso 2011/2012: 18.500€
  • As axudas ás ANPA pasan do ano 2010: 48.000€ ao ano 2011: 18.500€.

 

 

 

 

 

 

 

About Admin