ATENDE

A Federación Española de Fútbol denega a licencia a un xogador de fútbol infantil non comunitario por entregar o certificado de empadroamento en galego

By on febrero 15, 2015

Despois de varios meses sen dar licencia a un xogador infantil da SD Milladoiro que leva varios anos residindo en Galicia, pero é natural doutro país, a Federación Galega de Fútbol expide unha licencia provisional que o habilita para xogar en canto non haxa unha decisión definitiva da Federación Española de Fútbol, e esta toma finalmente a decisión de reter a ficha, porque un dos documentos que se lle demandan está escrito en lingua galega.
Todos estes impedimentos ou pedras no camiño para que un neno, simplemente poida xogar ao fútbol nun club federado, teñen a súa orixe, nas controvertidas medidas que a FIFA impón ás súas federacións asociadas para evitar o tráfico de menores, e que impón que a súa inscrición cumpra unha serie de requisitos, entre eles que os pais do xogador pasen a residir no país por razóns non relacionadas co fútbol ou que o neno leve, a lo menos, cinco anos residindo ininterrompidamente. Esta é a razón pola que deben presentar un certificado de empadroamento, e a Federación Española aduce para reter a ficha que a FIFA esixe que toda a documentación a presentar ante ela estea nunha das súas linguas oficiais, e o galego non ten tal condición.
Ante esta inxustiza queremos afirmar en primeiro lugar que a solicitude de licencia foi ante a Federación Española, de ter que chegar esta documentación a FIFA será ela quen teña que resolver este problema; en segundo lugar os certificados de empadroamento son modelos oficiais que cada administración ten, e ao igual que moitos datos no pasaporte estarán no idioma do país de orixe do neno, este certificado estará no idioma da administración outorgante; en terceiro lugar o documento é expedido por unha administración galega (o Concello de Ames); en cuarto lugar, despois de varios meses coa documentación en mans da Federación Galega e Española como pode ser quer resolvan agora denegando, por non entender un certificado de empadroamento?; en quinto lugar , como é posible que isto ocorra por primeira vez agora (alguén dúbida que os certificados de empadroamento doutras comunidades con lingua propia son expedidas nos seus idiomas?). Como pode ser que o único prexudicado sexa un neno que simplemente quere xogar ao fútbol cos seus amigos no club da súa localidade.
Ames Novo vai presentar unha moción no Concello para que se inste á Secretaría Xeral para o Deporte para que se interese diante da Federación Española de Fútbol e se libere a ficha de este xogador á maior brevidade. Así mesmo para que a través das Federacións Galega e Española de Fútbol demanden á FIFA que non vulnere os dereitos dos nenos nacidos no estranxeiro á práctica deportiva e modifique a norma para garantir que poidan xogar federados ou, cando menos, que limite esa norma aos clubs vinculados ao fútbol profesional e ás prácticas de transferencia de xogadores que non preservan suficientemente os dereitos dos nenos.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *