ATENDE

Presentación das primarias e das candidaturas da Iniciativa Cidadá Ames Novo

By on febrero 19, 2015

A Iniciativa Cidadá Ames Novo presenta este venres o sistema de primarias e as persoas candidatas. Este proceso iniciado hai meses -logo de xuntar máis de 300 sinaturas de apoio ao manifesto fundacional de xente plural e significativa de Ames- ven de poñer en marcha o proceso de elección das súas e os seus candidatos.
A presentación terá lugar este venres 20 de febreiro ás 20:30h na Casa da Cultura de Bertamiráns, no que a Comisión electoral fará unha explicación do procedemento de primarias, sistema de votación e calendario, acto seguido as persoas candidatas farán unha brevísima presentación tanto do seu perfil persoal como da para motivación para postularse como candidatos/as, abrindo ao final unha quenda de participación ás persoas asistentes ao acto.
A Iniciativa Cidadá Ames Novo asenta nas 3 características básicas de todas as propostas cidadás e de confluencia -Mareas, Barcelona en común…-. En primeiro lugar os candidatos e candidatas elíxense mediante un sistema de primarias aberto a toda a xente de Ames. Segundo, todas as persoas candidatas subscriben un estrito código ético que garanta o seu comportamento honesto, con limitación de soldos e mandatos, así como a transparencia e o rendemento de contas á cidadanía da súa acción política, mesmo podendo ser revogado do cargo por votación popular se non cumpre co estes compromisos. Por último o programa elaborarase de xeito participativo implicando ao tecido social de Ames e toda a xente que polo seu traballo ou interese queira achegar ideas e propostas.
Nestas primarias presentáronse 15 persoas para cubrir os 11 primeiros postos da lista, podendo votar calquera persoa que viva ou traballe en Ames e sexa maior de 16 anos, e poderá facelo por vía electrónica ou en urna. Aínda que se elixen 11 postos só se poderán votar a 9 candidatos/as para reforzar a pluralidade da lista. Ademais do equilibrio de xénero garantirase un equilibrio territorial básico de xeito que, unha vez que se vote, se asegure que entre os 11 primeiros postos haxa cando menos 3 candidatos do Milladoiro, 3 de Bertamiráns e 3 da zona rural. O conxunto da lista electoral completarase posteriormente a través da decisión dunha nova asemblea aberta da Iniciativa. As persoas presentadas recollen a pluralidade da iniciativa, con diferentes traxectorias políticas e con perfís diversos, se ben predominan as persoas que nunca ata o momento tiveran implicación política activa.
O calendario das primarias ten as seguintes datas relevantes:
Votación electrónica: 24, 25 e 26 de febreiro a través do fiable sistema ‘Agora Voting’
Voto en urna durante os días 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo, haberá urnas dispoñibles nos diferentes lugares do Concello, Milladoiro, Bertamiráns, e en 8 puntos de votación habitual nas parroquias, que difundiremos no comezo da semana que vén.
A Iniciativa Cidadá Ames Novo convida a toda a cidadanía a participar neste proceso innovador e ilusionante, chegou o momento de que a xente decida de forma directa sobre o futuro de Ames e quen quere que o represente. Son tempos de cambio onde a cidadanía debe ser protagonista, chegou o momento de gañar Ames para xente.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.