ATENDE

Pilar Candocia encabezará a candidatura da cidadanía elixida nas primarias coa maior participación de Galicia

By on marzo 2, 2015

As eleccións primarias da Iniciativa Cidadá Ames Novo obtiveron máis de 500 votos, o que supón a participación máis alta nunhas primarias en Galicia
A cabeza de lista será Pilar Candocia, a candidata que acadou con claridade maior número de votos.
As primarias elixiron tamén os 11 primeiros postos da lista (contando a cabeza)
Este domingo 2 de marzo pecháronse as urnas das eleccións primarias da Iniciativa Cidadá Ames Novo. Un proceso que comezou hai un par de semanas cando se candidataron 15 persoas para ocupar os 11 primeiros postos da lista, para o que tiñan que subscribir un estrito código ético. Ao longo da última semana presenciamos na sociedade de Ames unha enorme curiosidade e interese polo proceso de primarias e polas propias persoas candidatas, que rematou coa participación máis alta que se coñeza en Galicia.
Votaron un total de 529 persoas, das cales foron votos válidos 496. Foi unha auténtica sorpresa a participación por vía electrónica: 341, se ben 31 destes votos resultaron nulos ou errados por confusión na inscrición dos datos e porque durante unhas horas a plataforma xestora do voto electrónico -Ágora Voting- permaneceu inactiva, polo que queremos pedir desculpas ás persoas que querendo non puideron votar. A cifra de votación está por riba do 2,3% do último censo electoral de Ames, unha participación moi elevada e descoñecida ata o momento neste tipo de procesos.
Demos todo un exemplo de democracia, cos feitos a Iniciativa Cidadá Ames Novo está demostrando que se pode facer política doutro xeito. Non se trata de prometer participación, trátase de contar coa xente desde o primeiro momento, deixando claro que somos unha iniciativa cidadá no que a xente de Ames decide de verdade, tamén as cousas importantes como o propio cartel electoral.
Os resultados mostran un aval inequívoco a Pilar Candocia como cabeza de lista con 300 votos, e un apoio amplo ao resto d@s candidat@s nos que a práctica totalidade dos 11 primeiros teñen máis de cen votos cada un/ha. Produciuse un triple empate no posto número 11 que quedou resolto aplicando o criterio de localidade que determinaba que nos 11 primeiros postos debía haber cando menos 3 persoas de Bertamiráns, 3 do Milladoiro e 3 do rural, tal como fora aprobado na asemblea de xaneiro.
O conxunto da lista electoral completarase posteriormente a través da decisión dunha nova asemblea aberta da Iniciativa. As persoas electas recollen a pluralidade da iniciativa, con diferentes traxectorias políticas e con perfís diversos, se ben predominan as persoas que nunca ata o momento tiveran implicación política activa e cun alto grao de cualificación. O resultado é un equipo moi solvente e compacto que se formula desde este momento o obxectivo de vencer ao Partido Popular. O extraordinario aval cidadá que significa a participación nestas primarias sitúa a Iniciativa Cidadá Ames Novo como a alternativa capaz de liderar o cambio, alcanzar o goberno de Ames e situar a Pilar Candocia como a próxima alcaldesa de Ames.

Resultados ordenados en aplicación dos criterios establecidos no Regulamento de Pirmarias e proclamación dos 11 candidatos electos:
Posto; Apelidos e Nome; Número de Votos
1 CANDOCIA PITA, PILAR 300
2 BÓO FEIJÓO, MARÍA JESÚS 218
3 SUBIELA PÉREZ, XAIME 218
4 AMARELLE GARABÁN, ROBERTO 188
5 COSTAS BASTERO, QUIQUE 173
6 VILA VILAS, OBDULIA 169
7 SEIJAS BARANAUSKAS, ANA M. 167
8 BEIRAS DUARTE, MARCOS 150
9 GARCÍA REIG, ANNA I. 144
10 LIMERES NOVOA, FERNANDO 101
11 PARDO CASTRO, MANUEL 97
————————————
12 CASTRO DÍAZ, YAGO JOAQUÍN 97
13 RODRÍGUEZ GUERRA, JOSÉ A. 97
14 GARRIDO PEDRIDO,MARÍA JESÚS 90
15 ROCAMORA GARCÍA, JAVIER 88

Aplicación dos criterios de xénero e de localidade contemplados no Regulamento:
1. Non é necesario aplicar a corrección por xénero xa que na listaxe ordenada polo número de votos hai un 50% de mulleres.
2. Aplícase o criterio de localidade para resolver o triplo empate na posición 11. Dado que debe haber 3 representantes de cada territorio, debe ocupar esta posición o representante do Milladoiro.
3. O empate na posición 2 resólvese aplicando o criterio alfabético (letra resultante do sorteo: Y).

Aquí poden verse as fichas informativas de todas as persoas electas (incluídas as non electas): https://www.facebook.com/amesnovo1/photos_stream

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *