ATENDE

NOVO INCUMPRIMENTO DO ALCALDE E ESÍXELLE QUE FALE COS VECIÑOS DA TRAVESÍA DO PEDREGAL

By on abril 29, 2015

Amor comprometérase con Pilar Candocia a non iniciar actuacións nesta rúa “sen antes falar cos veciños” e, novamente, o alcalde actúa “de costas á xente”

Ames, 29 de abril de 2015.- Ames Novo denunciou hoxe un novo “engano” por parte do alcalde de Ames, que fai case un mes se comprometera con Pilar Candocia a non levar a cabo o cambio de sentido do tráfico na Travesía do Pedregal sen antes falar con veciños e veciñas desta rúa. Hoxe mesmo comezaron na zona os traballos de sinalización “de novo de costas á xente, como acostuma a facer este goberno”, denunciou Pilar Candocia.

Fai un mes que os veciños e veciñas da Travesía do Pedregal se dirixiron a Ames Novo para que interpelara ao goberno local ao respecto dos plans que tiña para cambiar o sentido do tráfico na súa rúa. Pilar Candocia preguntoulle daquela ao alcalde ao respecto deste asunto, e Amor aseguroulle á candidata de Ames Novo que só había un informe da Policía Local neste senso pero que o Concello aínda non tomara ninguna decisión.

Pilar Candocia demandou do alcalde que non tomara ninguna decisión “sen falar antes cos veciños e veciñas”. Diante do comezo hoxe da sinalización nesta rúa, Ames Novo denuncia que “de novo o alcalde incumpre a súa palabra”, e esíxelle ao goberno local que deteña as obras e fale cos veciños e veciñas, ademáis de ter en conta as necesidades de tránsito do Centro de Saúde e o transporte escolar, que se verían afectados seriamente polo cambio de dirección do tráfico e a conversión da Travesía do Pedregal en vía de sentido único.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.