ATENDE

Clarificación: o goberno de cambio está aberto

By on mayo 29, 2015

Estes días están proliferando multitude de comentarios e informacións que responden a certa ansiedade por coñecer a composición do próximo goberno de Ames. Comprendemos o interese por unha decisión importante, en todo caso ante esta situación Ames Novo quere aclarar o seguinte:
1. Ames Novo, como iniciativa cidadá que é, terá unha asemblea aberta a toda a cidadanía o luns día 1 de xuño. Nesta asemblea definiranse as condicións de partida para chegar a un acordo de goberno, e determinar as persoas que participarán nas negociacións do goberno do cambio.
2. Ames Novo está realizando un primeiro contacto exploratorio coas forzas políticas -salvo as forzas de dereita- para coñecer a súa posición e trasladar unha primeira impresión a asemblea. Nestas encontros participan 4 persoas acordadas na coordinadora de AN.
3. A posición de Ames Novo non está definida, e por iso as opinións recollidas nestes encontros tratan de non pechar posibilidades na conformación do goberno: nin alcaldía, programa de goberno, nin liñas vermellas, polo momento. En todo caso, mostramos as posicións básicas de partida:
* Ames Novo está en disposición de participar nun goberno de cambio que desprace ao Partido Popular e a dereita.
* Ames Novo entende que sociedade amesá trasladou nas eleccións unha mensaxe clara de cambio, polo que non participaremos en ningún goberno coas forzas da dereita, nin manteremos reunións neste sentido para non confundir á sociedade.
4. A vontade de Ames Novo é xerar confianza na cidadanía e entre as forzas políticas chamadas a participar do cambio. Neste sentido, actuaremos con transparencia para dar conta das reunións, de tal xeito que o falado será acordado coas forzas coas que mantemos as reunións para xerar a confianza necesaria na conformación do novo goberno. A sociedade pide cambio e diálogo, e nós abordarémolo con todas as garantías.
5. Estanse sucedendo diversos rumores interesados, non necesariamente procedentes das forzas políticas, coa intención de enrarecer o ambiente e dificultar acordos. Ames Novo evitará a difusión destes rumores, pero non vai entrar a facer ningún desmentido.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *