ATENDE

Ames Novo propón a Contigo Pódese e BNG-Asembleas Abertas converter a marea de cambio nun auténtico goberno cidadán

By on junio 2, 2015

A cidadanía decide
A iniciativa cidadá Ames Novo realizou unha asemblea aberta este luns día 1 de xuño
para analizar os resultados das eleccións e definir a liña a seguir na conformación do
novo goberno. Esta concorrida asemblea mantivo un fluído debate e un alto grao de
acordo entre os participantes, entre os que mesmo participou xente que declarou non ter
votado a Ames Novo pero quería participar como cidadán das decisións da Iniciativa. A
nosa proposta está permanentemente aberta á deliberación e decisión da cidadanía
amesá.
Marea de cambio
Ames Novo considera que a sociedade amesá optou por un cambio profundo que deixe
atrás as vellas formas de comprender a política e os gobernos. O 24 de maio asistimos a
unha derrota sen paliativos do PP e da dereita, ao tempo que unha derrota contundente
do bipartidismo. En todos os casos, ben se analice polo lado do Partido Popular, do
conxunto da dereita (incluíndo PxA), ou do Partido Socialista colleitaron os seus peores
resultados en Ames [pode consultarse na Análise dos resultados municipais 2015 Ames, ver máis abaixo].
Isto contrasta co grande éxito das iniciativas cidadás que propoñen desde a esquerda
unha nova forma de comprender a política, apostando polo protagonismo cidadán. A
suma dos resultados de Contigo Pódese, o BNG-Asembleas Abertas e Ames Novo
ascende ao 40,9% e, incluíndo ao Partido Socialista, o voto de esquerda significa un
59,13%
Novo escenario, novas oportunidades
Estes resultados de Ames deben ser interpretados no marco da tendencia de cambio
acontecido nas principais cidades galegas e españolas. Ames Novo comprende estes
resultados como unha chamada da cidadanía para viabilizar un cambio político que vaia
moito máis alá da remuda de caras e o reparto de cadeiras.
Ao noso xuízo este escenario merece xenerosidade e altura de miras, e non un simple
apaño entre forzas políticas de esquerda para saír do paso e repartir cromos. Ábrese un
tempo novo no que debemos alentar o encontro das propostas políticas que buscan un
cambio real en Ames, situando á xente en primeiro termo e no que a cidadanía decida.
Primar o que nos une antepoñendo os intereses da maioría social e da unidade popular
aos protagonismos das siglas ou organizacións. Aínda estamos a tempo de dar resposta
a este clamor cidadán; no seu momento non fomos capaces de confluír nunha proposta
electoral conxunta pero agora estamos a tempo de constituír un auténtico goberno
cidadán á luz dos resultados.
Goberno cidadán
Ames Novo propón a Contigo Pódese e ao BNG-Asembleas Abertas a conformación dun
auténtico goberno cidadán que recolla a onda xeral de cambio. Reiteramos a chamada a
constituír un polo da esquerda transformadora que lidere o cambio. Entendemos que o
goberno debe incluír as outras forzas políticas de esquerda como o Partido Socialista,
pero sen naturalizar que o goberno sexa encabezado polas opcións máis castigadas nas
eleccións.
Non se trata de confluír arredor de ninguén senón dunha proposta programática de
cambio real baseada nos eixos da participación e a capacidade de decisión cidadá, as
políticas sociais de rescate ás persoas ante a crise, a asunción dun estrito código ético
de rexeneración democrática que sitúe en primeiro termo a transparencia e a rendición
de contas públicas, así como a defensa do público e a recuperación para a xestión
municipal de servizos privatizados.
Emprazamos a Contigo Pódese e BNG-Asembleas Abertas a explorar conxuntamente e
en diálogo coa cidadanía as fórmulas que nos permitan constituír un verdadeiro goberno
de cambio en Ames, un goberno cidadán. Construír en común unha nova ilusión e
situarnos á altura do desexo maioritario da cidadanía de Ames.
thumbnail-of-Analise municipais 2015 Ames

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.