ATENDE

Proposta de Ames Novo para o pleno de organización do Concello.

By on julio 3, 2015

CRITERIOS XERAIS E BÁSICOS

• Proporcionar as condicións necesarias para o exercicio, por parte do Goberno e grupos políticos municipais, e cun mínimo de garantías e capacidade, da súa actividade gubernativa e político/representativa.
• Manter un criterio de racionalidade, respecto da situación precedente, xunto coa debida ponderación económica (conforme á situación económico-presupostaria actual; debendo destacarse, a este respecto, a existencia dun presuposto municipal vixente claramente máis restritivo que o vixente ao inicio do mandato en 2011), no tocante á determinación dos medios económicos e persoais asignados á dita actividade político/representativa; que non deberán supoñer, en ningún caso, un incremento do seu peso económico actual (porcentaxe) ao respecto do orzamento municipal (gastos).
o Isto suporá que a suma total dos custes económicos por retribucións de cargos electos e persoal de confianza/eventual (Goberno e Grupos Municipais), xunto coas asignacións económicas aos grupos municipais, non poderá supoñer, no seu global, unha porcentaxe, ao respecto do presuposto municipal vixente (gastos), superior á que, pola suma dos mesmos conceptos, resultaba ao respecto do presuposto (gastos) vixente no momento da adopción, dos acordos equivalentes, no anterior Pleno de Organización (xullo 2011).
• Respectar os criterios xerais fixados, ao respecto destas materias, no código ético de Ames Novo.-

PROPOSTAS CONCRETAS

[cuxo resultado económico total non poderá supoñer, en ningún caso, unha porcentaxe, ao respecto do presuposto municipal vixente (gastos), superior á que, polo sumatorio dos mesmos conceptos, resultaba ao respecto do presuposto (gastos) vixente no momento da adopción, dos acordos equivalentes, no anterior Pleno de Organización (xullo 2011)]

1º.- Dedicacións exclusivas do Goberno Municipal
– Número- Manterase un criterio de racionalidade, e adecuación, ao respecto da situación precedente; de tal xeito que, a tal efecto, partirase da tomar, como referencia, as 4 (3,9) dedicacións exclusivas que, ao inicio do anterior mandato (xullo 2011), se tiñan fixado polo Pleno Municipal (sobre un total de 11 membros do Goberno Municipal), situando dita cifra como o máximo posible para un suposto de 11 Concelleiros/as integrantes do Goberno Municipal. A isto se engadirá, igualmente, un mínimo necesario que se considera se debe garantir e que, concretamente, se fixa en 2,5 dedicacións exclusivas.
Tendo en conta as anteditas referencias, e aplicando, con base nas mesmas, uns criterios de lóxica proporcionalidade, se propón, aos efectos da determinación das dedicacións exclusivas do Goberno Municipal, o sistema que a continuación se sinala;
o 11 membros Goberno.- 4 dedicacións exclusivas
o 10 membros Goberno.- 3,75 dedicacións exclusivas
o 9 membros Goberno.- 3,50 dedicacións exclusivas
o 8 membros Goberno.- 3, 25 dedicacións exclusivas
o 7 membros Goberno.- 3 dedicacións exclusivas
o 6 membros Goberno.- 2,75 dedicacións exclusivas
o 5 ou menos membros.- 2,5 dedicacións exclusivas (mínimo garantido)
E, todo ilo, sen prexuízo de que, a criterio do propio Goberno Municipal, se poida proceder á fragmentación das mesmas nas dedicacións parciais que estime oportunas (en nº e porcentaxe)
– Contía.- As ditas dedicacións serán retribuídas, como máximo, con arranxo aos seguintes criterios e contías .
o Alcaldía.- 41.000€ brutos/ano (incorporando, xa, as dúas pagas extra)
o Primeira Tenencia de Alcaldía.- 90% das retribucións fixadas para a Alcaldía.- 36.900€ brutos/ano (incorporando, xa, as dúas pagas extra).
o Resto de Concelleiros/as membros do Goberno.- 80% das retribucións fixadas para a Alcaldía.- 32.800€ brutos/ano (incorporando, xa, as dúas pagas extra)

2º.- Persoal eventual/de confianza de Alcaldía/Goberno.
– Características.- A súa selección, e fixación de retribucións, realizarase baixo a premisa básica da homologación co restante persoal municipal; de tal xeito que as retribucións que finalmente se lle atribúan, deberían fixarse tomando como referencia as percibidas polos ocupantes dos postos municipais que resulten asimilables.
Con dita finalidade, aos efectos de determinar o perfil/características deste persoal, así como as retribucións asignadas, proponse tomar, como referencia válida (sen que resulte, en ningún caso, de obrigada aplicación, e sen menoscabar, en todo caso, as competencias do Pleno legalmente recoñecidas ao efecto), o xa fixado, na actualidade, na vixente Relación de Postos de Traballo Municipal (publicada no BOP nº 26, de 1 febreiro 2007; e cuxas previsións retributivas deberan ser obxecto da actualización pertinente); toda vez que, en dito documento, xa se tiñan previsto, e definido obxectivamente, este tipo de postos, fixando as súas características profesionais/retributivas con arranxo aos mesmos criterios utilizados, igualmente, para o restante persoal municipal.
En todo caso, se considera que a opción óptima sería a previsión dun posto de perfil especializado e técnico (Técnico de Alcaldía ou Goberno), que asuma as funcións/tarefas tradicionalmente vinculadas á xestión integral dos gabinetes dos Órganos de Goberno; e, polo tanto, dotado dun evidente e marcado carácter técnico-político e/ou de confianza, máis alá das meras tarefas de natureza administrativo/burocrática (e sen compoñente político)
– Número.- Se tentará reducir o seu número ao mínimo imprescindible. Así, se propón que, ou ben se prevea un único posto que se adecúe ao antedito perfil técnico-político, ou, alternativamente, un máximo de dous postos de perfil administrativo.

3º.- Medios dos grupos políticos municipais
– Mantemento do actual sistema de dobre asignación económica, por grupo e concelleiro/a, a todos os grupos políticos municipais, minorando, en todo caso, as contías actuais, fixando as seguintes;
o 120 €/mes por grupo municipal.
o 80 €/mes por membro de cada grupo municipal
– Mantemento do actual sistema de dotación, aos grupos municipais que non formen parte do Goberno Municipal, dun local e medios materiais/de oficina necesarios (cando menos, mobiliario básico, liña telefónica, conexión a internet e ordenador…).
– Fixación dun sistema para a dotación, aos grupos municipais que non formen parte do Goberno Municipal, dos medios persoais necesarios, e que se fundamentará nos seguintes criterios;
o Asignar, aos grupos municipais que non formen parte do Goberno, como persoal eventual/de confianza, ao servizo do Concello (aínda que as persoas concretas, que deban ser obxecto de nomeamento, serán propostas polo respectivo grupo municipal), un/unha auxiliar administrativo/a (cuxas retribucións serán equivalentes ás percibidas, actualmente, polo persoal municipal que desempeña un posto base de auxiliar administrativo).
En todo caso, as condicións temporais coas que este/a auxiliar prestará os seus servizos, ponderaranse en relación ao número de concelleiros/as de cada grupo municipal (garantíndose, en todo caso, un mínimo dun 50% de xornada laboral). De tal xeito que os grupos municipais do Partido Popular e Ames Novo, terían asignado un/unha auxiliar a xornada completa; o grupo municipal de Pacto x Ames e Contigo Pódese, un auxiliar cun 75% de xornada laboral; e o grupo municipal do BNG cun 50% e Cidadáns cun 25% (sempre e cando, ditos grupos municipais, non formen parte do Goberno)
Nos casos en que o dito auxiliar asignado aos grupos municipais, preste servizos a xornada parcial, percibirá as retribucións proporcionalmente correspondentes.
o Prever que, alternativamente á dita asignación dun/dunha auxiliar administrativo/a, e por opción voluntaria de cada un dos grupos municipais que non formen parte do Goberno Municipal, estes poderán dispoñer dos mesmos custes salariais, de dito persoal, para asignalos a unha dedicación horaria dalgún dos seus concelleiros/as (opción alternativa que deberá ser comunicada, formalmente, por cada grupo municipal, nos cinco días seguintes a adopción do acordo, no marco do Pleno de Organización, con indicación, asemade, do concelleiro/a designado a tal efecto; de non producirse, neste prazo, a dita comunicación, se entenderá que se opta pola asignación do persoal eventual, con categoría de auxiliar administrativo). De tal xeito que, en termos prácticos, se estaría definindo un tipo particular de dedicación, e correspondente asignación retributiva (equivalente á do auxiliar administrativo/a asignado aos grupos municipais), para os grupos municipais que non formen parte do Goberno e que, en todo caso, non opten pola asignación de persoal eventual/de confianza (un/unha auxiliar administrativo/a).
Dita dedicación, tería a consideración de exclusiva, no caso de optaren por esta posibilidade, para os grupos municipais con 4 concelleiros (dado que a opción da asignación dun/dunha auxiliar, se contemplaría, tamén, a xornada completa), sen prexuízo de que, a criterio do propio Grupo Municipal, se poida proceder á fragmentación da mesma nas dedicacións parciais que estime oportunas. Sendo considerada parcial para os restantes grupos municipais en proporción equivalente á establecida para o persoal eventual dun/dunha auxiliar.

4º.- Comisións informativas permanentes
Deberase garantir que a súa composición, e funcionamento, se adecúe á proporcionalidade existente entre os distintos grupos políticos representados na Corporación, con arranxo aos criterios que, ao respecto, a normativa e xurisprudencias ten definido.
O criterio antedito, resultará igualmente aplicable ao respecto das Comisións Especiais que, de ser ocaso, e para un asunto concreto, o Pleno acorde constituír

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.