ATENDE

Xaime Subiela, concelleiro de Ames Novo, invitado a participar nas xornadas sobre “Procesos constituíntes” de Podemos Galicia

By on julio 17, 2015

O concelleiro de Ames Novo no Concello de Ames Xaime Subiela participará este sábado 18 de Xullo na mesa redonda “Galiza aquí e agora. Visións de presente e futuro” dentro do encontro “Desafíos democráticos. Procesos constituíntes e plurinacionalidade” organizado por Podemos Galicia. Trátase dun encontro de reflexión sobre os novos procesos democráticos que están a acontecer dende a perspectiva constituínte e da plurinacionalidade.

Nestas xornadas, que terán lugar na Facultade de Filosofía da USC e na praza de Mazarelos de Compostela, participarán tamén destacados nomes dos movimentos sociais políticos e académicos rupturistas, como Íñigo Errejón, Xosé Manuel Beiras, Martiño Noriega, Xulio Ferreiro e moitos otros. Tedes o programa e horario completos na imaxe adxunta a este post.

Ames Novo reitera a súa aposta polos escenarios de ruptura democrática dos vellos sistemas e pola creación colectiva de novas fórmulas máis participativas e abertas a cidadanía.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *