ATENDE

A Comisión municipal sobre o Ciclo Integral da Auga: Ames Novo fai valer o compromiso de xestión pública

By on agosto 4, 2015

A primeira reunión de traballo desta comisión específica está convocada para as 13:30 horas do 4 de agosto, e ten por obxecto determinar a fórmula e procedemento de cara a unha xestión pública do servizo da auga.

O pasado 30 de Xullo, na primeira Sesión Ordinaria do Pleno para o mandato 2015-2019, o Grupo Municipal Ames Novo presentou unha moción sobre esta cuestión. A voceira do grupo municipal, Pilar Candocia, lembraba ao Sr. Alcalde o acordo de investidura neste punto. Ames Novo solicitou do goberno un posicionamento claro a favor da xestión pública da auga e propuxo unha nova licitación do servizo de un ano ampliable a outro máis, logo de que en outubro remate o período de contratación actual. Neste tempo, 1+1, débese concretar a fórmula de xestión e avanzar no expediente de municipalización, de maneira que ambos procesos se intercalen, e como máximo en 2 anos se recupere a xestión dun ben básico para a cidadanía.

O goberno comprometeuse en sesión plenaria a impulsar o proceso, iniciar de inmediato o traballo da comisión para o estudo da fórmula concreta de xestión e presentar nela os informes técnicos, para o debate, sobre os prazos máis axeitados de licitación.
Logo deste compromiso público e oficial, Ames Novo retirou a moción.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *