ATENDE

AMES NOVO PROPÓN DECLARAR O CONCELLO DE AMES OPOSTO AO TTIP

By on septiembre 2, 2015

Ames Novo solicita ao Pleno de Ames, que exprese a súa oposición ao Tratado Trasatlántico de Comercio e Inversións. Iluminando as sombras que se esconden tras os focos de creación da maior zona de libre comercio do mundo, negociada no escurantismo, de costas á cidadanía e aos seus representantes e en favor do poder económico.

Declarar o Concello de Ames oposto ao TTIP, supón dicir NON ao dominio das grandes corporacións transnacionais. Lonxe de mellorar a economía e o emprego, bondades que argumentan os seus defensores, o tratado supón umha ameaza para a cidadanía. A aprobación implica unha redución dos dereitos laborais e sociais, políticas que poñen en risco a seguridade alimentaria e servizos públicos como a educación ou a sanidade, favorece a privatización na xestión de residuos, transporte o saneamento e distribución de augas e mesmo supón a perda da privacidade persoal.

Baixo a denominación de “harmonización normativa” o que se establece é unha regulación á baixa da lexislación vixente, outorgando poder político e xudicial ao poder económico. Tras o TTIP escóndese o dominio das grandes corporacións transnacionais que levarán a tribunais privados de arbitraxe, fora de todo control democrático, todas aquelas cuestións que consideren unha barreira aos seus intereses. De ser aprobado, as administracións locais estarán obrigadas a facer fronte a este tratado someténdose aos intereses de mercado.

Por todo o dito, Ames Novo, oponse ao TTIP e propón ao Pleno da Corporación, que se celebra en sesión ordinaria o xoves 3 de setembro, a adopción dos seguintes ACORDOS.
1. Declarar Ames como municipio oposto o TTIP, defendendo os servizos públicos básicos para a solidariedade e redistribución social, o medio ambente e a saúde.
2. Solicitar o parlamento Español e aos Eurodiputados electos o seu rexeitamento a aprobación do TTIP
3. Solicitar do Ministerio de Economía a suspensión das negociacións do TTIP.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *