AMES SÚMASE Á REDE DE CONCELLOS DE ACOLLIDA A REFUXIADOS LOGO DE APROBAR UNHA MOCIÓN POR VÍA DE URXENCIA PRESENTADA POR AMES NOVO

Ames Novo levou por vía de urxencia ao pleno ordinario de agosto, celebrado o pasado xoves, unha moción para adherirse á rede de municipios de acollida a refuxiados sirios que foi aprobada por unanimidade do pleno, con aportacións dos grupos municipais.
Nos ultimas días recibimos novas arrepiantes sobre seres humanos que fuxen do horror e do xenocidio e ao chegar a Europa tópanse cunha porta pechada, co muro da vergonza. Diante desta situación que so pode provocar horror e indignación hai que sumar a impotencia que xenera a pasividade das autoridades dos estados Europeos.
Fronte esta situación, moitos concellos do estado estanse a sumar á chamada de Ada Colau, alcaldesa de Barcelona, xenerándose unha rede de cidades e municipios solidarios.
Desde Ames Novo creemos que é necesario ter presente a nosa historia próxima, lembrarse de todas as persoas que se viron obrigadas ao exilio no noso país e do Estado Español e que diante destes feitos só cabe a solidariedade da que os galegos e galegas dimos conta en moitas ocasións.