ATENDE

AMES NOVO ESÍXELLE Ó GOBERNO QUE FALE COS SECTORES DE COMERCIO E HOSTALERÍA ANTES DE APLICAR A ORDENANZA DE OCUPACIÓN DE ESPAZO PÚBLICO

By on septiembre 12, 2015

Nos últimos días, desde o goberno local, se iniciou unha campaña de notificación aos sectores de comercio e hostalería da súa obriga de actualizar ou solicitar a licenza municipal que os habilita para ocupación de espazo público.
A actualización censual sería para iniciar o cumprimento dunha ordenanza que non estaba a ser aplicada debido aos problemas que podería suscitar. Dita ordenanza da lugar a situacións de desigualdade entre os establecementos, resulta moi restritiva respecto do espazo de posible autorización (xa que o limita ao 50% do total da superficie interior) e establece unha taxa mínima mensual que puidera non ser asumible por algún establecemento.
Varias das persoas afectadas, comerciantes e hostaleiros nos deron conta do seu malestar ante unha medida do goberno local que so ven con esixencias no canto de vir con propostas que contribúan ao desenvolvemento local.
Se ben somos conscientes da necesidade de regular a ocupación dos espazos públicos, pensamos que a maneira de proceder en relación aos colectivos afectados debe ser outra. Un goberno da xente traballaría a prol da dinamización da vida no concello, favorecendo todas aquelas actividades que fagan de Ames un Concello Vivo.
Ante o dito, Ames Novo instou ao goberno de Ames a que non aplique a ordenanza actual e se convoque unha xuntanza cos colectivos para buscar unha solución de consenso.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *