ATENDE

AMES NOVO PROPÓN AO PLENO A INCORPORACIÓN DE AMES Á REDE DE CIDADES SAUDABLES (RECS)

By on septiembre 16, 2015

Ames Novo considera que o concepto de saúde debe ser comprendido máis aló da ausencia de enfermidade ou a actividade curativa dos servizos sanitarios, constituíndo a prevención un eixo fundamental arredor do que construír políticas públicas sobre a mesma. A saúde pode ser xerada, si o contorno onde vivimos propicia estilos de vida máis saudables. É por isto que entendemos que o concello ten unha responsabilidade cos veciños e veciñas que transcende as competencias “clásicas” en materia sanitaria.

A saúde é o resultado de moitos factores, e só algúns deles como a idade, o sexo ou a herdanza xenética non son modificables, sobre todos os demais podemos e debemos intervir na procura dunha cidadanía máis viva, xa que as condicións socio-económicas, culturais, ambientais, educativas, etc. repercuten na persoas incidindo positiva ou negativamente na súa saúde.

Unha Cidade Saudable, é aquela que da máxima prioridade á saúde en todas as súas actuacións; planificando e actuando na mellora do benestar e o medio ambiente físico, mental e social dos seus habitantes. Este é o concepto de saúde que promove A Red Española de Ciudades Saludables, (RECS), unha asociación de cidades que xurde no ano 1988 no seo da FEMP, ao abeiro dunha iniciativa internacional, Proxecto Europeo de Cidades Saudables, dirixida pola OMS e que ten como obxectivo a saúde e o desenvolvemento sostible no nivel local.

Polo dito con anterioridade, Ames Novo traslada á consideración do Pleno do Concello, para chegar a ACORDO, as seguintes cuestións: Realizar unha petición de incorporación do Concello de Ames á RECS. Nomear como representante política á Concelleira de Sanidade, Luisa Feijjóo Montero, nomear un representante técnico do concello e o compromiso de elaborar un plan municipal de saúde no primeiro semestre de 2016. Requisitos esixidos pola RECS aos concellos para a súa adhesión.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *