Encontro en Ames con Goretti Sanmartín, Vicepresidenta da Deputación da Coruña

Esta maña estivemos no encontro da corporación de Ames coa vicepresidenta da Deputación da Coruña. Comprobamos a coincidencia cos novos criterios da Deputación de adelgazar esta institución e trasladar recursos e competencias cara arriba (Xunta) e cara abaixo (Concellos), asi como distribuir os fondos con criterios obxectivos e non de amiguismo político como sucedía ata agora. Neste sentido preguntamos se tiñan previsto esta transferencia de recursos para os concellos mais alá do investimento e saber canto correspondería a Ames, a resposta foi que estaban traballando xa nese sentido.
Tamén mostramos o noso rexeitamento cara a vella politica da Deputación que facia ‘venta’ política dos recursos públicos concedidos aos Concellos amigos, sinalando que non nos gustaría que continuase pasando, a resposta foi que a decisión sobre os fondos e o protagonismo seria dos concellos. Velaremos porque sexa así.
Agora queda que traslademos a Ames a lóxica do reparto obxectivo e acordado coa veciñanza das diferentes parroquias e núcleos, tal e como sempre solicitou Ames Novo, evitando o clientelismo politico entre parroquias, como tamen se facia no anterior goberno. Esperemos que a participacion se aplique tamen nas cousas que supoñen gasto real e relevante para a xente.