ATENDE

APOIAMOS AO GOBERNO NA DEMANDA DE INFORMACIÓN Á MANCOMUNIDADE DO BARBANZA PERO SOGAMA NON É UNHA ALTERNATIVA. A decisión sobre o futuro do tratamento de lixo non pode basearse en criterios económicos senón na sostenibilidade.

By on noviembre 10, 2015

cubos lixoAnte a información publicada os pasados días sobre o futuro incerto da recollida e tratamento do lixo no Concello de Ames a partir do vindeiro 1 de xaneiro, Ames Novo quere manifestar o seu apoio á demanda que o Goberno de Ames fixo á Mancomunidade Serra do Barbanza, reclamando unha información económica que permita valorar as distintas opcións. Non entendemos a negativa da mancomunidade a facilitar dita información e instamos a que se normalice a comunicación e se inicie un proceso negociador que permita solucionar a situación de incertidume o antes posible.
Tamén queremos manifestar a nosa total oposición a que o Concello de Ames contemple a opción da incineración para o tratamento do lixo. Sogama para nós non é unha opción, non estamos dispostos a dar un paso atrás renunciando a un sistema de reciclaxe e compostaxe, como é o actual, para volver a un sistema moito máis contaminante e perxudicial para o medio ambiente como é o modelo de incineración. No seu momento loitamos por que o Concello de Ames apostara por un sistema de tratamento de residuos sostible e responsable co medio ambiente, como era en aquel momento o realizado pola planta de Lousame en contra do que se estaba a facer por Sogama.
Ames Novo considera que a decisión sobre a xestión de residuos e o seu tratamento non pode estar baseada unicamente en criterios de índole económica como se desprende do comunicado emitido polo goberno de Ames. Nunha cuestión tan sensible para o medio ambiente e que conleva consecuencias importantes de cara ao futuro do concello e as xeracións vindeiras é preciso apelar á responsabilidade dos xestores municipais, na busca dunha decisión que non sexa tomada en clave económica.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *