ATENDE

ACTA DA ASEMBLEA DA INICIATIVA CIDADÁ AMES NOVO DO 13 DE NOVEMBRO DE 2015.

By on noviembre 16, 2015

Orde do día:
1. Información das actuacións do Grupo Municipal.
2. Aprobación do documento de coordinación.
3. Apertura do proceso de elección da nova Coordinadora
4. Posicionamento de Ames Novo respecto ás candidaturas de confluencia.
5. Propostas e preguntas.

De acordo coa orde do día iníciase a sesión da asemblea de Ames Novo no Pazo da Peregrina de Bertamiráns o 13 de novembro de 2015 ás 20:17h

1. Informe da actividade do Grupo Municipal no Concello de Ames.

O Concelleiro Xaime Subiela informa das actividades realizadas polo Grupo, destacando a nosa posición no tema das ordenanzas fiscais, especialmente no IBI e a ordenanza de ocupación da vía pública.

A Concelleira Pilar Candocia informa das actuacións no eido educativo e da ordenación de aparcamento e tráfico que o Concello está a probar na entrada do colexio e instituto de Bertamiráns.

A Concelleira Chus Bóo informa das reunións mantidas co Concello de Santiago pola plataforma en defensa do río Sar sobre o problema da depuradora de Silvouta.

2. Debate e aprobación do documento de organización funcional de Ames Novo.

Acordos adoptados:

Apróbase por asentimento dos presentes o documento presentado na súa xeneralidade.
Co respecto ás alternativas que contempla o documento, ábrese un debate e apróbase a modificación das propostas presentadas para unificalas nunha soa.
Apróbase por asentimento que os grupos de traballo sexan os contemplados na opción A do punto 2.1. do documento, engadindo un novo grupo específico do Milladoiro.
Apróbase a composición da nova Coordinadora, que constará de 11 membros: 1 representante de cada grupo de traballo (7 membros), 1 persoa encargada da coordinación xeral, 1 persoa responsable de comunicación, e 1 representante do Grupo Municipal, que será un dos concelleiros. As reunións serán abertas e calquer membro de Ames Novo. A aprobación faise por 18 votos a favor (4 por procedemento de voto electrónico) e ningún voto en contra.
Apróbase por asentimento o procedemento de elección da persoa encargada de coordinación, e decídese convocar a elección desta persoa do xeite seguinte:

O luns 16 de Novembro farase pública a convocatoria para que as persoas que desexen candidatarse poidan facelo ata o xoves 19 de Novembro. Os requisitos para candidatarse son ser maior de 18 anos, residir no Concello de Ames e ter asinado o Manifesto da Iniciativa Cidadá Ames Novo. As candidaturas terán que ser remitidas por correo electrónico a ames.novo@gmail.com e incluirán nome e apelidos, DNI, enderezo, e-mail e teléfono.

O venres 20 de novembro faranse públicos os nomes das persoas candidatas e abrirase o proceso de votación electrónica, do que se dará conta nos próximos días. O proceso pecharase o martes 24 de novembro e a proclamación da nova persoa coordinadora farase pública o mércores 25 de novembro.

3. A Asemblea decide, a proposta de Pilar Candocia, que unha vez constituída a nova coordinadora se fagan os trámites necesarios para o cambio de domicilio social e xunta directiva da Asociación Ames Novo, o cambio de titularidade da conta bancaria que será administrada de forma solidaria por 3 persoas: A persoa que exerza a coordinación, a portavoz do Grupo Municipal e a persoa que exerce as labores de apoio ao grupo no Concello de Ames. Estas actuacións se complementarán coa inscripción da Asociación Ames Novo no Rexistro Municipal pertinente.
4. Acórdase a necesidade de autorizar ao Grupo Municipal de Ames Novo a abrir unha conta específica no banco da súa elección para recibir os ingresos do Concello de Ames en concepto de asignación económica aos grupos políticos municipais.
5. Xaime Subiela e Quique Costas informan do proceso de constitución da candidatura de unidade cara ás eleccións xerais, que se concreta nunha coalición co nome de “En Marea”. Ábrese un turno de debate no que se manifesta maioritariamente que si ben os acontecementos non se desenvolveron do xeito máis desexable en relación coa participación e implicación do polo cidadá no proceso é imprescindible dar o apoio de Ames Novo a esta candidatura. Acórdase a comunicación ao Encontro por unha Marea Galega do apoio e participación de Ames Novo nesta candidatura a través dos mecanismos establecidos nela. Este apoio e participación activa acórdase por 17 votos a favor (14 presenciais e 3 electrónicos ) e unha abstención.
Finalizada a Asemblea, levántase a sesión ás 22:30 horas do venres 13 de Novembro de 2015.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.