ATENDE

AMES NOVO PRESENTA ALEGACIÓN Á ORDENANZA DE OCUPACIÓN DE VÍA PÚBLICA, APOIANDO A PROPOSTA DE HOSTALEIROS E COMERCIANTES

By on noviembre 24, 2015

O Grupo Municipal Iniciativa Cidadá-Ames Novo como xa anticipou no pleno do pasado 29 de outubro ben de presentar esta mañá por rexistro a súa alegación á Modificación da Ordenanza da taxa fiscal reguladora por ocupación de terreos e uso público.

Como xa expresamos con anterioridade coincidimos na necesidade de regular a ocupación pero non podemos apoiar unha norma que se fixo de costas aos colectivos afectados e que non é froito do diálogo e non contou coa implicación no proceso de comerciantes e hostaleiros.

Esto foi así porque contrariamente ao que Ames Novo tiña solicitado xa o pasado mes de setembro, o goberno de Ames non foi quen de mostrar unha actitude dialogante con aqueles sobre os que recae este TAXATAZO. Contrariamente, a escasas 24h do pleno do 29 de outubro, cunha nota na web do concello e 4 chamadas, ás asociacións de comerciantes e empresarios, quixeron dotar de lexitimidade aquelo que non o ten.

Conscientes de que a aprobación provisional e próxima execución da ordenanza caeu como un xerro de auga fría nun colectivo que segue a sofrer a crise económica, Ames Novo propiciou o encontro dos afectados para acadar unha proposta consensuada froito do diálogo e que recolla a posición dos sectores implicados.

Como mostra de que esta proposta non é paralizante preséntase con tempo suficiente para ser avaliada polos técnicos municipais correspondentes e que poida ser levada a pleno e entrar en vigor o vindeiro xaneiro.

Ames Novo pídelle ao goberno que teña en conta a proposta dos hostaleiros que presentaron de xeito individual máis de 60 alegacións e que no caso de que non a podan asumir na súa totalidade por algunha razón, pedimos unha vez máis, que dialoguen co sector e que cheguen a unha proposta consensuada.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.