ATENDE

Un bo regulamento orgánico para Ames, máis plural, democrático e moderno, ao que aínda lle falta a participación cidadá.

By on enero 29, 2016

Un bo regulamento
Ames Novo congratúlase do elevado grao de acordo na elaboración do Regulamento Orgánico Municipal (ROM), que supón unha modernización e unha mellora do seu funcionamento democrático e pluralidade. Ata agora, o Concello de Ames rexíase pola normativa xenérica coñecida como Regulamento de Organización e Funcionamento (ROF) (do ano 1986) aplicable ás entidades locais a nivel de Estado, o que resultaba pouco adecuado para o funcionamento dun Concello como Ames.
O novo Regulamento significa o exercicio efectivo de autoorganización municipal que era moi necesario para situar o concello Ames á altura novos tempos, en especial do Pleno. Como resultado de varios meses de reunións agora dispoñemos dun texto de Regulamento practicamente consensuado polo conxunto dos grupos municipais. Felicitámonos polo traballo da comisión encargada da elaboración do novo ROM, en especial dos servizos municipais da Secretaría.
Ames Novo propuxo un debate conxunto e en paralelo da organización municipal e a participación cidadá, tanto polo carácter urxente de ambos como polo feito de estaren interconectados dado que varios puntos de modificación do ROM refírense a participación. O goberno quixo priorizar a organización municipal comezando con este debate e en Ames Novo puxémonos a traballar co máximo empeño e vontade construtiva.

Mellor democracia, máis pluralidade e transparencia
Ames Novo elaborou un conxunto de achegas inspiradas nas normativas máis avanzadas neste campo, e que foron incorporadas de xeito consensuado na súa maior parte. Fixemos unha contribución relevante tanto polo número como pola importancia das achegas. As principais propostas de Ames Novo formuláronse cos seguintes obxectivos:
profundizar na democracia e pluralidade, a través da participación cidadá, así como do papel dos diversos grupos municipais e do debate no Pleno;
transparencia municipal, publicidade do pleno e rendición de contas por parte do goberno;
modernización das relacións en especial na xestión electrónica información e a documentación.

Propostas de Ames Novo de consenso
A proposta de Ames Novo foron incluídas varias propostas innovadoras que entendemos son de interese para o conxunto da corporación e da cidadanía. As máis relevantes serían:
Debate sobre o estado do Concello, ao igual que acontece noutros niveis políticos favorecería a transparencia, a rendición de contas e debate público de interese para a cidadanía.
A capacidade de iniciativa de todos os grupos políticos con representación no Concello, con anterioridade só os grupos de goberno tiñan esta iniciativa en materia de competencia municipal, e entendemos todos os grupos da corporación son responsables na mellora de Ames e, todos deben contribuír.
Unha proposta conxunta con outros grupos foi o establecemento da Xunta de Portavoces para facilitar o desenvolvemento do Pleno e da acción municipal no seu conxunto.

A ausencia da participación cidadá
A Participación cidadá non foi debatida ao remitirse con carácter xeral a un Regulamento específico. En todo caso Ames Novo trasladou desde o principio a necesidade de incorporar diversos aspectos da participación que son relevantes para o desenvolvemento dos Plenos, en concreto:
Intervencións cidadás nos Plenos, nos puntos da orde do día que sexa de interese e previa autorización, debe habilitarse a Quenda cidadá, posibilidade de facer interpelacións directas por parte de entidades ou cidadáns directamente no Pleno, previa solicitude.

Neste sentido, Ames Novo rexistrou esta mañá unha proposta neste sentido:
Que inicie de inmediato os traballo dentro da corporación e coa cidadanía amesá para a elaboración do Regulamento de Participación Cidadá.
Que en canto este Regulamento de Participación non estea operativo habilite as fórmulas de participación no Pleno que xa poden levarse a cabo, como a Quenda cidadá, tal e como xa se comprometera o propio goberno.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *