ATENDE

O goberno de Ames elimina a animación á lectura no rural

By on febrero 17, 2016

A pasada fin de semana subíase á web municipal, no espazo de novas, que o concello retoma a programación de animación á lectura para os meses de febreiro e marzo, pero a gran nova é a ausencia de programación para os nenas e nenos do rural.

Os recortes prodúcense nun servizo que leva funcionamento aproximadamente 12 anos e que apostaba pola formación a cultura e o lecer dende idades tempranas. As actividades programadas estaban recomendadas para a poboación infantil a partires dos 3 anos, e incluían a todas as nenas e nenos de Ames, con independencia da súa ubicación no territorio. Un servizo importante que poñía en valor a importancia da lectura e a cultura para todas e todos con actividades non so nos núcleos urbanos de Milladoiro e Bertamiráns senón tamén nos locais sociais das parroquias amesás.

É sorprendente que un goberno que se di de esquerdas e progresista recorte precisamente por aquí, un servizo que o Partido Popular con Santiago Amor á cabeza mantivo intacto durante o mandato anterior e que ofrecía actividades nos locais de Augapesada e Bugallido. Desde Ames Novo queremos denunciar este feito que pon de manifesto unha vez máis que este non é o goberno da xente.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *