ATENDE

AMES NOVO OFRECE AO GOBERNO UN ACORDO PARA O ORZAMENTO 2016 E AS BASES POLITICAS DO CAMBIO

By on marzo 9, 2016

Presentamos o documento: O orzamento municipal como instrumento para as políticas de cambio, que inclúe as bases de Ames Novo para impulsar políticas de cambio en Ames.

Ames Novo quere contribuír á gobernabilidade de Ames, e neste sentido trasladamos unha proposta ao goberno coa vontade de construír un bloque político de cambio real que chegue á vida da xente. Asumimos a responsabilidade do mandato cidadán: impulsar políticas de cambio e alcanzar acordos arredor das políticas que demandou a maioría social. Ames Novo non fai parte do goberno pola vontade dos partidos do tripartito municipal, pero estamos en disposición de chegar a un acordo e desenvolver o pacto de investidura co que José Miñones chegou a alcaldía. O noso compromiso é coa xente de Ames, e vamos contribuír as políticas de cambio no noso Concello, esteamos no goberno ou na oposición.
O documento das bases inclúe as propostas articuladas arredor dos seguintes puntos:
Gobernar coa xente. Que inclúen o compromiso efectivo cos orzamentos participativos, no exericio 2016 a través da consulta e o debate coas asociacións de Ames e habilitar tamén no presente ano os mecanismos e recursos para desenvolver presupostos participativos no exercicio de 2017.
Prioridade social: combater a pobreza e a exclusión, reflectir nos orzamentos as apostas sociais do goberno, tomando como referencia o Pacto contra a pobreza e pola inclusión social. Este compromiso sitúa como compromiso xeral que a partida de actuacións de protección e promoción social alcance un mínimo de 110 €/habitante no 2016, co obxectivo de achegarse aos 160 €/habitante ao final do mandato.
Prioridade social: inclusión, que inclúe o enfoque de xénero na elaboración dos orzamentos, programas de excepción social, reforzar a progresividade en todos os servizos municipais, un plan municipal de vivenda social, un sistema de asistencia integral ás mulleres vítimas de violencia machista, políticas activas contra todo tipo de discriminación e estudar a posibilidade de implantar unha Renda Social Municipal.
Compromiso co servizo público, incluíndo a consolidación dos servizos, a municipalización do servizo de abastecemento de auga durante este mandato e o compromiso co emprego público.
Impulso da economía local, posta en marcha políticas de emprego que xoguen un papel activo na dinamización da economía local, que estimulen o comercio local e o asentamento de empresas no municipio, un plan de emprendemento e economía social, a promoción e asentamento de iniciativas innovadoras, e o consumo público responsable.
Reequilibrio territorial, os orzamentos do 2016 deben introducir elementos vertebradores e de reequilibrio das desigualdades territoriais, en concreto propoñemos a elaboración e posta en marcha dun plan específico para o Milladoiro e o compromiso durante este mandato para completar o abastecemento de auga e o saneamento no rural.
Espazos públicos para a xente, incluíndo a dotación do Milladoiro de espazos públicos para actividade xuvenil, cidadá, cultural, infantil, etc; a mellora e mantemento dos locais das parroquias, dinamizando a súa actividade cultural e social, e a recuperación de espazos para o uso público.

Ames Novo non entende que a esta altura carezamos dunha proposta para comezar o debate sinalando as prioridades da actuación municipal e un marco económico que permitise desenvolvelo, o que xa fixeron a maioría dos concellos en 2015. Tamén consideramos un mal punto de partida a aprobación das ordenanzas fiscais determinando un volume máis reducido de ingresos, e procurar alianzas políticas coa dereita -as ordenanzas fiscais foron aprobadas cos votos do goberno xunto a Pacto x Ames-. Os orzamentos non atenden só ás prioridades de gasto senón tamén ao plano.
En todo caso entendemos que si se pode alcanzar un gran acordo en relación ao orzamento do 2016 e convertelo no instrumento para desenvolver as políticas de cambio en Ames. A aposta de Ames Novo é tender a man e poder construír este bloque político de cambio coas políticas que incidan na calidade da vida da xente.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *