ATENDE

Argibay sí estaba no goberno de Ames cando comezou a tramitación da depuradora do Souto

By on abril 2, 2016

No último pleno da Corporación Municipal de Ames celebrado o pasado xoves 31 de marzo, debateuse unha moción do Grupo Municipal Pacto x Ames na que manifestaban a súa preocupación polo estado do río Sar, preocupación que compartimos non só dende Ames Novo senón que é común a toda a cidadanía de Ames. Ames Novo ten manifestado moitas veces a súa reclamación dunha solución definitiva ao problema da depuración das augas residuais de Santiago, que provocan que ao seu paso polo noso Concello o río Sar quede convertido nunha cloaca, estado que resulta máis agravado aínda pola falta de capacidade da depuradora amesá de Sisalde.

No debate da moción, que finalmente foi aparcada para tratar de acadar un consenso unánime de todos os grupos, a concelleira de Ames Novo Chus Bóo lembroulle ao Sr. Argibay, portavoz de PxA, que na súa etapa como membro do goberno municipal do Partido Popular foi cando se iniciaron os trámites do proxecto da depuradora do Souto (que nós rexeitamos tal e como está plantexado, facéndonos eco dos argumentos da Plataforma en defensa do Sar), rpoxecto ante o que eles non fixeron nada nin puxeron obxecións, circunstancia que foi negada polo Sr. Argibay argumentando que nesas datas él xa non formaba parte do goberno de Ames.

Os documentos públicos e accesibles para todo o mundo demostran que o Sr. Argibay non ten moi boa memoria. Na web de seguimento de proxectos do Ministerio de Medio Ambiente accesible neste enlace pódese comprobar que o traslado as administracións afectadas do documento inicial de evaluación ambiental da nova depuradora de Santiago fíxose en data 8 de maio de 2012:

ScreenHunter_376 Apr. 02 12.46

Doutra banda, o BOP da Coruña publica o cese do Sr. Argibay en data 21 de xaneiro de 2013:

ScreenHunter_377 Apr. 02 12.48

Os documentos falan por sí sós.

Dende Ames Novo apoiamos que o tema do Sar non sexa patrimonializado por ningunha forza política na procura de rendibilidade electoral, e que a postura do Concello fronte ao que está a pasar coa depuración en Santiago e Ames sexa unánime, consensuada e sen protagonismo de ninguén, moito menos de quen no seu momento tivo a oportunidade de facer ver os problemas do proxecto, xa que estaba un cargo de responsabilidade, e non fixo nada. Sexa como sexa, celebramos que o Sr. Argibay teña visto a luz e dámoslle a benvida ao grupo dos defensores do (parafraseando os arrebatos líricos da súa propia moción) “río de Rosalía”.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *