ATENDE

UN ANO MÁIS AMES SEN ORZAMENTOS. CAMBIO DE GOBERNO, A MESMA PARÁLISE

By on junio 15, 2016

Na primeira semana do mes de marzo Ames Novo envioulle ao goberno o documento “O orzamento municipal como instrumento para as políticas de cambio” unha oferta na que Ames Novo tendía a man para impulsar as políticas de cambio en Ames a través do orzamento. Documento que non tivo resposta a día de hoxe por parte do goberno, dende entón tan só houbo dúas reunións con todos os grupos do concello a un tempo; a primeira o 29 de abril no que se presentan uns documentos iniciais e unha última o 26 de maio na que o goberno se compromete a reunirse bilateralmente cos grupos da oposición para negociar. O día 8 de xuño o goberno reúnese con PP e PactoxAmes, a día de hoxe non se reuniron con nós.

A responsabilidade de que Ames continúe sen orzamento é do goberno. Un goberno sen ideas, empantanado coa procura do equilibrio interno e de costas ás necesidades da cidadanía amesá.

O documento orzamentario que se nos presentou é un documento contable, no que non figuran as propostas que indiquen por onde van as liñas políticas do novo goberno. Inacción política que queda reflectida contablemente como “outros gastos” nos documentos. Por iso Ames Novo solicitou que se indicara que proxectos tiñan asociados a esas partidas e como sempre a calada por resposta.

Fan boa a política social do goberno de Amor. Ulo o cambio?. Mentres as cidades rebeldes están a a implementar partidas para políticas sociais, a concelleira de facenda de Ames considera que se cumpren xa cos principios do Pacto Galego Contra a Pobreza; validando así o orzamento do PP nos últimos anos. É esta a nova política?.

Un goberno atrincherado, que se escuda en escusas de cumprimento de normas administrativas que recortan a capacidade dos concellos e que so deixan á luz a incapacidade de xerar novos recursos como si fixeron Madrid, Coruña, Santiago ou Barcelona. A “herdanza” como escusa, vella desculpa utilizada pola vella política. Sona ao que sempre se fixo “si se pode” na oposición “non nos deixan” cando estamos no goberno.

Ames Novo mandou un documento coas liñas forza para desenvolver as políticas do cambio en ames, coa oferta de apoiar uns orzamentos de cambio real (Goberno + Ames Novo = Maioría Absoluta). Pero o goberno prefire a porta de atrás e aprobar os orzamentos por outras vías, como “xunta de goberno local”. Orzamentos tardíos, xa vai alá medio ano 2016, xa non se acorda o PSOE e Xosé Miñones cando na oposición pedían que foran en prazo.

Xa para finalizar, destacar o inaceptable da inexistencia de proxecto algún para a mocidade para os que tan só se recollen “excursións”, afortunadamente a mocidade amesá vai un paso por diante do seu goberno.

O goberno busca apoios na dereita, Ames Novo denuncia a inexistencia dun proxecto de esquerdas centrado nas persoas e tende de novo a man para facer políticas de esquerda real.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *