ATENDE

PROPOSTA PARA SOLICITAR Á XUNTA DE GALICIA A DOTACIÓN DUN CENTRO EDUCATIVO PARA O CONCELLO DE AMES NO QUE SE OFERTEN CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL MEDIA E SUPERIOR

By on octubre 27, 2016

No pleno ordinario do mes de outubro que se celebrará hoxe xoves 27, someterase a deliberacion e acordo unha proposta de Ames Novo na que se solicita á Xunta de Galicia a dotación de centros de Formación Profesional cunha oferta educativa específica de ciclos medios e superiores das que a día de hoxe, incomprensiblemente carece o noso concello.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Si hai unha cuestión que caracteriza ao Concello de Ames é a súa saúde en termos
demográficos. O crecemento de poboación que experimentou o concello nas últimas 3
décadas como consecuencia do boom inmobiliario fan de Ames un dos máis dinámicos
demograficamente de Galicia. Un fenómeno de tal magnitude que en apenas 25 anos
levou a triplicar a poboación do municipio, cunha gran concentración dos habitantes
(30.780h en 2016) entorno a dous grandes núcleos urbanos, Milladoiro e Bertamiráns.
Ligado ao anterior e como ben indica nas súas conclusións o estudo realizado por un
grupo de investigadores da USC no informe Diagnóstico Integral Demográfico e de
Distribución Territorial do Concello de Ames (encargado pola concellaría de
educación), a poboación de Ames destaca ademáis pola súa xuventude. Na actualidade
ascenden a 5.887 os menores de 16 anos, e 4801 a poboación en idade escolar
obrigatoria (3-15 anos), aos que debemos sumar un total de 933h entre 16 e 19 anos,
polo que a poboación menor de 20 anos supón o 22,15% do total.
Estes datos axúdannos a perfilar un concello marcado por unha elevada porcentaxe de
xente moza e unha poboación cun asentamento no territorio moi recente, o que ten como
consecuencia a necesidade de pensar e adecuar uns servizos e infraestruturas acordes
á nova realidade municipal, sendo precisa unha atención especial ás políticas
educativas.
Como se desprende da análise realizada, constátase a necesidade de creación de
prazas e centros educativos en Ames para atender ás actuais demandas así como as
potenciais nos anos vindeiros. Ames debe ser dotado dunhas infraestruturas adecuadas
que garantan aos escolares amienses a posibilidade de realizar todo tipo de estudos non
universitarios no concello, sen necesidade de desprazarse a Santiago e contribuíndo
ademais á fixación de poboación no municipio.
Así pois, dacordo ao informe elaborado pola USC no que se indica que “ Para lograr o
equilibrio da demanda e oferta dos servizos educativos a largo prazo, recoméndase a
construción de novos centros en diferentes etapas educativas e localizadas accesibles ás
áreas de maior presión demográfica” consideramos imprescindible a planificación e
construción á maior brevidade de centros educativos onde se oferten estudios de
Formación Profesional medios e superiores, dos que imcomprensiblemente carece a día
de hoxe o noso concello.
Unha Formación Profesional que é primordial no mercado laboral e é a formación non
universitaria máis demandada no Estado. Segundo o informe elaborado por Adecco
sobre Empleabilidade e Formación Profesional (2016), un 21% das ofertas laborales
solicitan expresamente algún título de FP. Unha formación que capacita para traballar
nunha área profesional determinada e cunha aplicación real práctica.
Noutra orde de cousas, e segundo indicaba o Ministerio de Educación en 2015 no
Primeiro Mapa Laboral da FP, esta é “un instrumento de primer orde para a aprendizaxe
permanente e que moitos alumnos que abandonan prematuramente o sistema educativo
retornan por esta vía”.
A apertura dun novo centro de formación profesional en Ames suporía unha oportunidade
para que entre as 26 familias profesionais e os aredor de 140 ciclos que se poden solicitar
a día de hoxe , a oferta concreta que se faga para o noso concello se adecúe as saídas
profesionais que no futuro ofrezan un maior nivel de empregabilidade no concello e na
comarca. Unha aposta que posibilitaría unir os recursos humanos propios cunha
proxección económica sostible do concello de Ames.
ACORDOS
1. Que o Concello de Ames inste á Consellería de Educación e á Xunta de Galicia a iniciar
os trámites para dotar ao concello de Ames cun novo centro educativo onde se impartan
estudos de Formación Profesional de grado medio e superior.
2. Facultar ao Sr. Alcalde para que inicie as conversas e propicie os estudios precisos cos
sectores sociais, produtivos e empresarias no ámbito local, para analizar as ramas
profesionais que mellor se axusten á realidade socioeconómica e potencialidades de
desenvolvemento económico do concello.
3. Facultar so Sr. Alcalde para iniciar a análise dos requirimentos urbanísticos e a
dispoñibilidade de parcelas en previsión da oferta.
4. Facultar ao Sr. Alcalde para cantas accións sexan necesarias en atención a esta
continxencia
Ames, 17 de outubro de 2016

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *