ATENDE

A PREPOTENCIA DUN GOBERNO EN MINORÍA E A VONTADE MÁIS MEDIÁTICA QUE POLÍTICA RESPECTO DO CATASTRAZO MARCAN O PLENO ORDINARIO DO MES DE OUTUBRO, NO QUE SE APROBOU POR UNANIMIDADE DOS PRESENTES A PROPOSTA DE AMES NOVO QUE SOLICITA UN CENTRO DE FORMACIÓN PROFESIONAL PARA AMES.

By on octubre 31, 2016

O pasado xoves 27 celebrouse en Ames o Pleno Ordinario correspondente ao mes de outubro. O Grupo Municipal Iniciativa Cidadá-Ames Novo, presentou para deliberación e acordo unha proposta na que se solicita á Xunta de Galicia que dote ao concello dun novo centro educativo no que se oferte formación profesional de grado medio e superior. Oferta da que incomprensiblemente non dispón a día de hoxe o concello de Ames, un dos máis novos de Galicia onde 1 de cada 5 habitantes é menor de 20 anos.
A saúde demográfica e o crecemento poboacional de Ames nas últimas décadas demandan un centro destas características, cunha oferta formativa ad hoc que se adecúe ás posibilidades do territorio e ofreza saídas profesionais que no futuro posibiliten un nivel de empregabilidade máis alto no ámbito local e comarcal. A atención á realidade e posibilidades económicas da contorna próxima entendemos son fundamentais, polo que é preciso establecer dende a administración as ferramentas para escoitar a todos os axentes sociais e económicos implicados.
A proposta foi aprobada co voto favorable de todos os presentes no momento da votación.

O goberno presentaba na orde do día a Aprobación provisional da modificación da Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles, que foi aprobada cos votos favorables do goberno e do concelleiro non adscrito Javier López, se ben a deliberación da mesma non estivo libre de polémica.
Esta proposta aproba unha bonificación do 95% da cota íntegra do imposto para aqueles inmobles nos que estean situadas unicamente construcións nas que se desenvolvan total e exclusivamente actividades agrarias, gandeiras ou forestais pertencentes ao sector primario, bonificación que se aplicará ata o ano 2020.
Unha Modificación da ordenanza que en opinión do G.M. Ames Novo resulta insuficiente. O limitado do alcance da mesma pon de manifesto unha vez máis a ausencia de vontade política deste goberno ao que podemos aplicar aquelo de moito ruído e poucas noces. Fronte ao escaso alcance desta modificación que vai beneficiar a un número reducido de propietarios, Ames Novo entende sería preciso unha bonificación baseada no art. 74 da Lei de facendas locais. Así, o concello podería establecer unha bonificación de ata o 90% a calquera construción dedicada a fins agrogandeiros e situada en lugares con menores servizos que nas áreas consolidadas, incluso poderían facelo para todos os inmobles e durante  anos, para compensar o cobro de catro anos de atrasos que son efecto do e que xa non van poder devolver. Por outra banda, débese recordar que o investimento no rural do recadado co IBI, que proclama aos catro ventos o goberno, non sería tampouco posible se non son capaces de aprobar uns orzamentos.
Ademais do dito, neste punto do pleno saíron á luz os distintos criterios á hora de valorar os tempos por parte do goberno que manifestando unha actitude despótica impediu se discutise a enmenda presentada polo Grupo Municipal Pacto x Ames. Unha enmenda coa que Ames Novo non estaba dacordo pero que entendeu debía ter sido exposta par a súa deliberación, o que motivou o cambio de voto, que finalmente foi negativo como protesta ás formas do goberno.
Pilar Candocia, pediu constase en acta a disconformidade do G.M. Ames Novo con esta lectura restritiva do regulamento orgánico aprobado neste mandato e que non pode xustificar a prepotencia dun goberno en minoría en detrimento da maioría da corporación. Unha aplicación práctica do mesmo que dende logo non está a favorecer o diálogo, obxectivo que se pretendía perseguir coa súa aprobación. Desta lectura deriva a necesidade de convocar urxentemente unha reunión de todos os grupos políticos, que Pilar Candocia solicitou no pleno, na que valorar o funcionamento do regulamento e a súa posible modificación.

Finalmente no turno de rogos e preguntas sinalar a postura e resposta do concelleiro de educación David Santomil ao que se lle solicitou máis consideración coa comunidade educativa do CEIP de Ventín, xa que non acudiu á reunión de servizos complementarios celebrada no centro días atrás. Non entanto o concelleiro mantivo a súa actitude e insistiu en que esta era unha reunión técnica na que a súa presenza non é necesaria e que algúns dos asistentes pretendían trasladar a esa reunion temas que non correspondían. O Concelleiro de Educación verbalizou que a súa axenda é súa e a marca el.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *