ATENDE

Quique Costas asume a responsabilidade da coordenación da Iniciativa Cidadá-Ames Novo e Chus Bóo é elexida como responsable de política feminista, nunha asamblea ordinaria na que a estrutura legal e restruturación orgánica centraron o debate

By on noviembre 10, 2016

O pasado venres 4 de novembro, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, celebrouse asamblea ordinariada da Iniciativa Cidadá-Ames Novo. Como adoita ser costume iniciouse a reunión coa dación de contas do grupo municipal do traballo no concello e expuxéronse aquelas cuestións que deben formar parte da axenda municipal. Unha vez máis quedou de manifesto a parálise da acción política do goberno, sen novos pasos cara a municipalización da auga, sen orzamentos en 2016, e pendente aínda a aprobación definitiva da RPT, dun goberno en minoría que en ano e medio só deixou constancia da súa incapacidade para dialogar e chegar a acordos.

En segundo lugar, entrando en cuestións da organización política dúas foron as cuestións que centraron o debate: o forma legal e a organización interna. Respecto do primeiro e de cara aos comicios locais de 2019, acórdase realizar unha análise profunda dos pros e os contas das distintas alternativas (partido, coalición, agrupación de electores…) que se presentarán nunha próxima asamblea para deixar resolta a comenzos de 2017 esta cuestión.

Respecto dos cargos de organización interna, e logo dun período de transición no que eventualmente a voceira do grupo Pilar Candocia asumira tamén a responsabilidade de coordenación, a asemblea ratificou a Quique Costas como novo Coordenador da Iniciativa Cidadá-Ames Novo. Quen nos próximos días irá conformando a nova coordinadora que se decidiu fose ampla e aberta, unha fórmula que xa anteriormente respondeu axeitadamente ás necesidades da organización.

Finalmente, se ben distintas mulleres de Ames Novo a nivel individual forman parte xa da recén constituída Plataforma Femnista Galega, Chus Bóo foi nomeada como representante de Ames Novo ante a plataforma e como responsable na coordenadora de política feminista, avalada pola súa traxectoría no activismo feminista e membro do grupo impulsor que propiciou a creación da PFG.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *