ATENDE

Xaime Subiela renuncia como concelleiro de Ames Novo e no seu lugar entra Henrique Costas

By on noviembre 12, 2016

[12-11-2016] Na mañá deste venres Xaime Subiela rexistrou a renuncia como concelleiro da Iniciativa cidadá Ames Novo acompañado do grupo municipal. A súa renuncia ven motivada por razóns laborais, xa que na actualidade traballa como coordinador do grupo de En Marea no Congreso dos Deputados, traballo que o obriga a permanecer durante varios días á semana fóra de Ames.
Subiela comunicou a súa decisión o pasado venres na Asemblea de Ames Novo, onde comentou “é unha decisión moi difícil pero resultábame imposible, nós entendemos que ser concelleiro non é un trámite para figurar senón un labor que debe ser atendido de forma adecuada, o noso compromiso coa cidadanía precisa dedicación”. Nun plano máis persoal tamén dixo “dediqueille moito tempo e moita enerxía a Ames e gústame a política municipal, para min foi un orgullo representar á xente de Ames e facelo nunha das experiencias máis democrática, máis innovadoras e máis marea que existen”, “quero agradecerlle a todas as compañeiras e compañeiros de Ames Novo o seu apoio, aos compañeiros do grupo e en especial a Pilar Candocia”, e rematou afirmando “non marcho para ningún lado, este é máis ca nunca o meu proxecto e continuo sendo parte desta iniciativa que segue sendo a grande esperanza para a xente que quere un cambio de verdade en Ames”.
Coa súa renuncia incopórase ao grupo municipal de Ames Novo Quique Costas, o seguinte na lista que fora elixida por primarias. Costas, veciño do Milladoiro, xa ten unha longa traxectoria de acción municipal, no activismo veciñal ou cultural de Ames, sendo tamén coordinador de Ames Novo con anterioridade. É, ademais, unha persoa moi recoñecida no activismo social como cabeza visible dunha das loitas de maior impacto social e político da última década como portavoz da Plataforma de afectados pola Hepatite C.
A portavoz do grupo, Pilar Candocia, quixo agradecerlle o traballo a Subiela, mostrou “pena por perder unha persoa tan valiosa para a política municipal de Ames, en todo caso confío que continúe colaborando como sempre fixo”, “compartimos moitas cousas xuntos e preferiría que non o deixase pero comprendo que non se pode manter o seu labor botando en Madrid boa parte da semana”. Tamén manifestou que a incorporación de Quique Costas é “unha garantía de que o labor municipal vai continuar mantendo o seu alto nivel e dedicación, tal e como a xente de Ames nos demanda.”

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *