ATENDE

25 de ABRIL: CONSTRUÍR A TERRA DA FRATERNIDADE

By on mayo 11, 2017

Un ano máis Ames Novo conmemorou o 25 de Abril, o aniversario do golpe militar que ía iniciar a “Revolução dos Cravos”. Nun acto que se desenvolveu na Praza da Maía reunimos aos Alcaldes das diferentes mareas cidadás da provincia para analizar o a influencia ou pervivencia do espírito de Abril no movemento municipalista.

O acto comezou con unha homenaxe ao noso veciño Fran Pérez “Narf”, finado o pasado 15 de novembro. O xenial músico, veciño de Ventín, foi un dos referentes na conexión lusófona da nosa cultura. Para lembralo, proxectouse un vídeo da súa ionterpretación do tema “25 de Abril”, unha composición da súa autoría sobre un texto do poeta moçambicano José Craveirinha, que podedes ver aquí


Proxectouse a continuación unha montaxe documental que narra en imaxes (algunhas inéditas procedentes dos arquivos persoais dos xornalistas da RTP Germano Campos e João Pedro Martins) os acontecementos do 25 de Abril de 1.974 en Lisboa

O coloquio contou coa participación do porfesor da Universidade do Minho e ensáista político Fernando Bessa Ribeiro, Xulio Ferreiro (Alcalde de A Coruña), Xosé Lois Piñeiro (Alcalde de A Pobra), Jorge Fernández (Alcalde de Ferrol), Rafael Sisto (Alcalde de Teo), Antonio Negreira (Alcalde do Val do Dubra), Concha Ferández (en representación do Alcalde de Compostela, por estar este de viaxe), e Pilar Candocia (Voceira Municipal de Ames Novo). Actuou como moderador o Coordiandor de Ames Novo, Quique Costas. Nas sucesivas intervencións fóronse debullando as coincidencias entre a forma de gobernar e facer política, nas aspiracións que animan a acción municipal en cada un dos concellos, e aquela inspiración de “constuir a Terra da Fraternidade” na sexa “o Povo quem mais ordena”.

A celebración concluiu entonando todas as asistentes o tema de José Afonso (estreado en Compostela en 1972) “Grândola”, himno de aquela revolución, empuñando os carveis vermellos que a simbolizan.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *