ATENDE

Ames Novo traslada ao goberno o seu malestar pola organización do Acto Institucional do 25 de xullo e a falla de información respecto da proposta de alternativas para o Transporte Metropolitano

By on julio 27, 2017

O Grupo Municipal Iniciativa Cidadá-Ames Novo dou onte rolda de prensa antes os medios para expoñer o seu malestar e disconformidade en relación a dous temas de especial relevancia para Ames e a súa veciñanza nestes días, polo que xa solicitou por rexistro información e explicacións ao goberno ao inicio desta semana: O acto institucional do Día Nacional de Galicia e o futuro do Transporte Metropolitano do noso concello.

En relación ás dúas cuestións, declarou a voceira do grupo Pilar Candocia, existe por parte do goberno unha falta de consideración co resto dos grupos políticos que conforman a corporación municipal, non contando con nós para plantexar propostas e alternativas en cuestións tan importantes para a cidadanía como o transporte público ou xestionando tarde mal e a rastro o acto do Día Nacional de Galicia.

O pasado ano o goberno non foi quen de xestionar adecuadamente a celebración do 25 de xullo, acto do que non participaron os grupos da dereita ao non chegar a acordo sobre o manifesto institucional, cuestión da que tampouco se nos informou e non coñecemos ata o momento do acto.
Por iso, hai xa meses dende Ames Novo, no pleno, a voceira do grupo instaba ao Sr. Alcalde a organizar con tempo o acto de 2017, pero vese que unha vez máis caeu en saco roto.

Ata onte, o propio día do acto, os grupos non coñecemos o contido comunicado institucional e novamente non sabiamos se este tiña o consenso do resto de grupos, para que fose un acto institucional e non un acto de goberno. É por iso que unha vez máis reclamamos que se lle dea a este acto a relevancia que ten para a cidadanía e que se conte cos grupos para definir o seu formato cara un acto institucional e integrador do conxunto da cidadanía.

En relación ao Transporte Metropolitano, xa en diversas ocasións dende Ames Novo e a propia cidadanía amesá denunciaran unha inadecuada oferta no rural, frecuencias insuficientes na fin de semana, ou a inapropoiada hora de fin do servizo, etc.

Por iso, non entendemos que agora que é o momento de plantexar propostas e alternativas para ese Plan Metropolitano de Transporte, e que o goberno xa se reuniu cos representantes doutros concellos da área, non se teña en conta a opinión de todos os grupos ao respecto. Así pois, e logo de enterarnos pola prensa de que o goberno se reunira con representantes doutros concello da área para falar do tema, solicitamos por escrito coñecer o falado na reunión, se o goberno fixo algunha proposta ao respecto da xestión do servizo de transporte e con independencia do anterior solicitamos unha reunión conxunta con todos os grupos municipais para poder levar unha proposta conxunta sobre un servizo básico e primordial para a poboación amesá.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *