ATENDE

INSTANCIA REXISTRADA POR MANUEL CASDEIRO ALERTANDO SOBRE A PRESENZA DE URALITAS

By on agosto 19, 2017

INSTANCIA
D. Manuel Casal Lodeiro, con XXXXXXXX, e domicilio no lugar de Xxxxxxx, parroquia de Biduído, concello de Ames; teléfono xxxxxxxx e correo electrónico cxxxxxxxxxxx

EXPOÑO
1. Que o pasado domingo día 13 de agosto atopei fragmentos de placas de fibrocemento (as coñecidas como uralitas) que, polo aspecto e procedencia, moi probablemente sexan das que conteñen amianto, nunha esquina no parque de piñeiros que hai no Milladoiro por tras das piscinas municipais e ao lado do instituto, entre as rúas Travesa do Porto e Agro da Vella. Ditos fragmentos, con toda probabililidade, proceden das placas visibles nun tellado dun galpón anexo a este parque, na parcela contigua polo norleste, que seica tamén é de propiedade municipal. Na seguinte foto de satélite (SIGPAC) indico a localización dos fragmentos e do tellado do que caeron.

2. Que o mesmo domingo ás 12:25 realicei unha chamada á policía local para que acodisen levantar atestado e acordoar a zona, ante o evidente perigo de que algunha das persoas que frecuentan o parque, especialmente nenos, puidesen entrar en contacto con eses restos de amianto. Que a persoa responsable de atender o teléfono indicou que nese momento non podían acodir ao lugar por se encontraren todos os efectivos “noutra actuación”.
3. Que o amianto do que están compostas as antigas uralitas é un material altamente tóxico, canceríxeno por inhalación das súas microfibras, que se desprenden precisamente cando parte ou se desgasta, e que o seu uso e venda está prohibido en España desde hai anos (Orde do 7 de decembro de 2001 pola que se modifica o anexo I do Real Decreto 1406/1989). E que, polo tanto, a súa presenza no chan en forma de fragmentos, constitúe un grave risco de saúde pública.
4. Que as uralitas instaladas privamente á entrada en vigor da devandita prohibición deberán ser retiradas, segundo a normativa vixente, no momento en que cheguen “ao final da súa vida útil”, estimada en 40 anos.
5. Que dita retirada deberá ser realizada unicamente, segundo marca a lei, por empresas especializadas e inscritas no rexistro RERA, cumprindo con todas as medidas de seguridade indicadas na normativa vixente.

SOLICITO
1. Que se proceda inmediatamente a impedir o paso a calquera persoa ou animal doméstico (cans especialmente, que frecuentan tamén este parque) á zona onde apareceron os fragmentos de amianto.
2. Que se solicite á maior brevidade posible a retirada dos mesmos a unha empresa autorizada e que conte coa certificación UNE 171370-1.
3. Que se proceda a evitar novas caídas de fragmentos mediante a retirada —tamén mediante procedemento seguro e empresa autorizada— das placas instaladas na parcela contigua e das que proceden estes fragmentos, tamén en cumprimento da lexislación vixente que indica que deben ser retiradas ao final da súa vida útil, a cal é probable que xa se alcanzara ou estea a piques de se alcanzar no caso destas placas (se foron instaladas na década de 1970); ou en calquera caso, debería realizarse dita retirada preventivamente e de maneira anticipada a ese final de vida útil, pois a súa presenza a apenas 2 m de altura e contiguas a un parque público implican un permanente risco de saúde pública.
4. En prevención de novos episodios similares, e en cumprimento do espíritu e das recomendacións da Resolución do Parlamento Europeo de 14 de marzo de 2013, (2012/2065 [INI]), que se proceda o antes posible a realizar un inventario municipal de elementos que conteñan amianto (usado durante moitos anos tanto en planchas de tellados como en tuberías e depósitos de auga) e á súa paulatina retirada a vertedoiro controlado por parte de empresa autorizada, cumprindo con todas as medidas de seguridade esixibles e recomendables nestes procedementos de retirada (Real Decreto 396/2006, de 31de marzo; Guía técnica do INSHT, de 2008), para minimizar a posible exposición das veciñas eveciños de ames ás fibras deste potente carcinóxeno. E tamén que se priorice esta retirada en instalacións como colexios, parques e nas súas proximidades, onde poidan supór un perigo para nenas e nenos.
5.
En Ames, a 14 de agosto de 2017.
Asinado: Manuel Casal Lodeiro
AO SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE AMES
E A TODOS OS GRUPOS MUNICIPAIS DA CORPORACIÓN

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *