ATENDE

AMES NOVO PIDE AO GOBERNO QUE SOLUCIONE A CONTRATACIÓN DO PROFESORADO DA EMMA QUE IMPIDE O INICIO DO CURSO DA ESCOLA

By on septiembre 19, 2017

Esta mañá trasladamos ao goberno por rexistro a nosa preocupación e o malestar do alumnado e as súas familias ante o coñecemento de que a EMMA (escola de municipal de música de Ames) non poderá iniciar o curso na data prevista porque a día de hoxe non está realizada a contratación do profesorado.

A pasada semana, iniciado xa o mes de setembro, convocábase unha reunión informativa na que se daba a coñecer ao alumnado e as súas familias que a escola de música non ía iniciar o curso segundo o previsto, dado que un informe de intervención indicaba a non procedencia da contratación do profesorado segundo a proposta do goberno.

Ames Novo non entende como sendo a actividade da escola unha cuestión que non é imprevista se chega sen resolver o problema no momento de inicio de actividades. E demandamos ao goberno resolva a situación á maior brevidade e nos manteña informados, aos grupos políticos da corporación e aos usuarios, das actuacións para dar solucións á contratación dos docentes da EMMA.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *