ATENDE

AMES NOVO DEMANDA AO GOBERNO UN ESPAZO DAS ASOCIACIONS

By on septiembre 22, 2017

Dende o Grupo Municipal Iniciativa Cidadá-Ames Novo trasladamos esta semana ao goberno unha proposta para que se habilite en dependencias municipais un “Espazo das Asociacións” no que aquelas que o precisen, por falta de medios ou outras circunstancias que así o xustifiquen, teñan á súa disposición cousas tan básicas como un enderezo que poidan presentar como razón social ou mesmo un buzón no que recibir a correspondencia.
Dende Ames Novo, entendemos que favorecer un tecido asociativo forte é un dos piares de calquera comunidade cos que o goberno debe manter unha relación constante e fluída para coñecer e responder ás demandas da cidadanía. E por iso que cremos que o goberno debe impulsar o asentamento das mesmas con pequenos xestos como o que agora se solicita pero que pode ter unha ampla repercusión e beneficios para o conxunto da cidadanía.
Esta demanda foinos trasladada a pasada semana da man dunha asociación pro-lactancia e crianza con apego que xa leva varios anos desenvolvendo o seu magnífico labor no noso concello , Teta e Coliño, e que cremos que debe facerse extensible ao conxunto de asociacións, unha cuestión que xa se tiña demandado en outras ocasións.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *