ATENDE

AMES NOVO LEVA A PLENO UNHA PROPOSTA SOBRE CONSUMO PUBLICO SOCIALMENTE RESPONSABLE

By on septiembre 27, 2017

Ames Novo leva ao pleno do mes de setembro que se celebrará o próximo xoves 29 unha proposta de Compra Pública Socialmente Responsable, entendida como intervención económica, social e política na contorna sempre co horizonte da sustentabilidade. Unha cuestión na que o nosa formación política entende que a institución local debe ser abandeirada. O concello de Ames compra por un valor que supera os 10 millóns de euros ao ano en bens e servizos, nós consideramos que os cartos públicos de todas e todos deben gastarse en base ao ben común e en beneficio de todas e non só para as maiorías. Por iso, a vantaxe económica non pode ser o criterio decisorio (nunca o é nas nosas políticas) o mellor non é o máis barato e así o trasladamos sempre nas nosas propostas: en relación á xestión do ciclo integral da auga, do lixo ou os servizos complementarios do concello.

Por iso, pedimos un acordo plenario para dotar a Ames dunha normativa en base a uns criterios que na nosa opinión son un paso máis no compromiso coa cidadanía, o territorio e a sustentabilidade do Concello de Ames, onde toda compra pública incluíndo bens e servizos se fagan responsablemente.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *