ATENDE

O GRUPO MUNICIPAL AMES NOVO ASINA UN ACORDO POLÍTICO CO GOBERNO DE AMES PARA A APROBACIÓN DO ORZAMENTO MUNICIPAL DE 2018

By on marzo 28, 2018

Coa finalidade de dar continuidade ás liñas mestras inspiradoras dos orzamentos de 2017
(incremento do peso dos servizos sociais e apertura de novas coberturas a través da Renda Social
Municipal e as Axudas para a Saída de Situacións de Emerxencia, reequilibro territorial,
investimentos para corrixir o déficit dotacional do Milladoiro, mellora da accesibilidade e
incremento da particiapación veciñal), así como de incorporar partidas que aborden novas
necesidades, o Goberno de Ames e Ames Novo mantiveron negociacións para a elaboración do
orzamento de 2018.
Os contactos negociadores iniciáronse o 14 novembro do 2017 resultando no acordo acadado entre
ambas partes en decembro para o peche do Plan de Axuste a que estaba sometido o Concello e a
correspondente cancelación da débeda bancaria.
As reunións retomáronse o 6 de marzo, previo envío por parte do Goberno do borrador de
orzamentos a Ames Novo, e coa presentación por parte desta formación das súas propostas de
inclusión e modificación de partidas, acadándose un principio de acordo global sobre o orzamento
o pasado día 23.
Conforme ao que xa se establecera no acordo do pasado ano, no que se recoñecía unha débeda
pendente en materia de mocidade, incluíronse partidas específicas neste eido en materia de
investimentos e incorporouse a mocidade ao proceso de orzamentos participativos con dúas partidas
específicas.
Unha vez valorado o proxecto definitivo de orzamentos resultante da negociación, Ames Novo
comprométese a apoiar a aprobación dos mesmos nun exercicio de responsabilidade para posibilitar
avances nas políticas e a satisfacción de necesidades do Concello, que non serían posibles na
prórroga do orzamento 2017, particularmente o Programa Impulsa Ames (parcialmente financiado
con fondos europeos DUSI) e a adquisición dos terreos para o novo CEIP do Milladoiro (a construir
pola Conselería de Educación da Xunta).
Ademais do acordo global que se ve plasmado no proxecto de orzamentos que será sometido á aprobación do Pleno, o Goberno e Ames Novo adquiren os seguintes COMPROMISOS:

1.- Ampliar o programa de prevención de incendios mediante a plantación de faixas secundarias de árbores non pirófilas. Esta ampliación, recollida nos orzamentos para os custes de un mes adicional, verase afectada pola eventual concesión da subvención APROL Rural. De non materializarse esa subvención, as partes buscarían unha fórmula que permita ampliar en como mínimo dous meses os catro actuais de implementación do programa. Ambas partes se comprometen a seguir ampliando o programa no futuro.

2.- Caso de agotarse o crédito destinado á Renda Social e as Axudas para a Saída de Situacións de Emerxencia, procederase á ampliación de crédito mediante a transferencia que sexa necesaria de outras partidas.

3.- Desenvolver unha campaña de divulgación das modalidades de axuda social contempladas na Ordenanza de Renda Social, que faciliten a demanda de acceso á mesma das persoas que se encontran ans situacións que na mesma se prevén. Esta campaña deberá ser consensuada entre ambas partes.

3.- Desenvolver mediante a contratación do técnico xa incluída nos orzamentos de 2017 e poñendo os medios adicionais que puidesen necesitarse os estudos necesarios para o proceso de remunicipalización do Ciclo Integral da Auga.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.