NA REUNIÓN DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL O GOBERNO NEGOUSE A BUSCAR SOLUCIÓNS PARA AS FAMILIAS QUE QUEDAN SEN COMEDOR

O Concelleiro de Educación negouse a estudar ningún tipo de medida extraordinaria ou provisoria que permita atender as 80 solicitudes que quedarán sen o servizo de acordo coa listaxe provisional.
Despois de máis de dúas horas e media do Consello Escolar Municipal de Ames, celebrado na tarde do día 15, non só non se adoptou ningún acordo senón que o Concelleiro David Santomil, responsable de Educación, rexeitou sequera estudar calquera medida que poida posibilitar que as nenas e nenos que exceden as 1.254 prazas ofertadas polo concello sexan atendidas. Pese a insistencia por parte das ANPAS e dos grupos de oposición presentes, o edil insistiu en que a súa posición é inamovible, mesmo cando Ames Novo propuxo solucións técnicas para soslaiar as limitacións orzamentarias e de persoal que o Concelleiro do Goberno aduciu.
“Desde Ames Novo seguimos mantendo que o servizo de comedores escolares, ten que manter o seu carácter de servizo básico, tal e como foi concibido cando se puxo en marcha, absorbendo a demanda existente. Non é coherente que queiramos seguir sendo o concello que máis medra en Galicia e coa maior taxa de poboación en idade escolar e logo non fornecer os servizos que posibiliten ese crecemento”, manifestou Quique Costas, voceiro da organización ao saír da reunión”
A incidencia que en Ames ten rede de comedores escolares vese reflectida non só na alta proporción de alumnado que a utiliza (case o 50%) senón tamén nos datos de escolarización. “Que nun concello con un déficit de 1.200 prazas escolares e precisamente no núcleo máis deficitario, que é o Milladoiro, a demanda de prazas na Escola Infantil sexa inferior á oferta só se explica porque as familias optan por outros centros, mesmo privados, ao saber que non van ter a opción de que as súas fillas e fillos utilicen o servizo de comedor por estar saturado”, en palabras do voceiro de Ames Novo.
Ames Novo fai un chamamento á comunidade escolar a presionar ao goberno coa fin non só de que se busquen solucións para as familias afectadas no próximo curso senón tamén para que se articulen solucións que permitan o crecemento do servizo de xeito que poida seguir absorbendo unha demanda que vai seguir medrando nos próximos anos.
About Admin
Related Posts
Últimas
-
A SUBA DO IBI E A DEMAGOXIA FISCAL
No mes de novembro do ano pasado incrementouse o IBI...
- Posted 6 meses ago
- 0
-
CANDIDATAS/OS NAS PRIMARIAS DE AMES NOVO
Aquí vos presentamos as persoas que se candidatan para ocupar...
- Posted 2 años ago
- 0
-
A COMISIÓN ELECTORAL FAI PÚBLICAS AS CANDIDATURAS PROVISIONAIS ÁS ELECCIÓNS PRIMARIAS
ACTA N.º 2 DA COMISIÓN ELECTORAL DE ELECCIÓNS PRIMARIAS DE...
- Posted 2 años ago
- 0
-
GOBERNO MUNICIPAL E AMES NOVO PECHAN O ACORDO SOBRE O ORZAMENTO PARA 2019
O Goberno municipal e a marea municipalista ultimaron os detalles...
- Posted 2 años ago
- 0
-
CONVOCADAS AS ELECCIÓNS PRIMARIAS DE AMES NOVO
A Asemblea de Ames Novo convoca as Eleccións Primarias que...
- Posted 2 años ago
- 0
-
A INICIATIVA PARA CONSTITUÍR UNHA EMPRESA MUNICIPAL DE SERVIZOS CHOCA CONTRA A INTRANSIXENCIA DA DEREITA E A TIBIEZA DO GOBERNO MUNICIPAL
O Pleno do Concello de Ames celebrado onte rexeitou cos...
- Posted 2 años ago
- 0
-
O ALCALDE DE AMES REXEITA INCLUÍR NA ORDE DO DÍA DO PLENO UNHA PROPOSTA PARA ESTABLECER BONIFICACIÓNS NAS TARIFAS DA AUGA PARA AFECTADOS POLAS MEDIDAS ANTI-COVID
A proposta formulada por AMES NOVO foi rexeitada “por non...
- Posted 4 meses ago
- 0
-
AMES NOVO DENUNCIA RESTRICIÓNS NA OFERTA DE PRAZAS DA ESCOLA DE VERÁN DO CONCELLO DE AMES
O Goberno municipal vén de anunciar que se abre o...
- Posted 10 meses ago
- 0
-
VIVA A MATRIA GALEGA!
O pasado día 23 celebrouse no Pazo da Pregrina o...
- Posted 2 años ago
- 0
-
DEMONIZANDO A XUVENTUDE?
O goberno local impide na práctica a celebración dunha Festa...
- Posted 2 años ago
- 0
-
AMES NOVO CONSIDERA PRECIPITADA A PROPOSTA DE FUSIÓN DE CONCELLOS FEITA POLO ALCALDE DE SANTIAGO E AVOGA POLA CREACIÓN DUNHA ÁREA METROPOLITANA
A creación dun organismo metropolitano permitiría asumir moitas das competencias...
- Posted 2 años ago
- 0
-
CANDIDATURA DE AMES NOVO
Rematado o proceso de primarias, quedan configurados os primeiros postos...
- Posted 2 años ago
- 0