ATENDE

OS ORZAMENTOS XERAIS DO ESTADO APROBADOS NO CONGRESO E QUE O NOVO GOBERNO VAI APLICAR NON CONTEMPLA INVESTIMENTO ALGÚN PARA A N-550 NO MILLADOIRO

By on junio 2, 2018

O orzamento aprobado inclúe partidas para varias intervencións na N-550 en diferentes concellos, pero non recolle o compromiso adquirido por representantes de Fomento cos representantes do Pleno de Ames.

Unha vez coñecidos os orzamentos xerais do Estado aprobados recentemente no Congreso dos Deputados constátase que hai varias partidas que totalizan 5.230.000 euros destinados a estudos e intervencións en diferentes tramos da estrada N-550. Ademais compromete 500.000 adicionais en 2019 para completar a variante de Pontecesures e Valga (á que este ano só se destinan 50.000), 700.000 a unha intervención en Ordes á que se destina medio millón no presente exercicio, 600.000 a outra en Cambre dotada con 780.000 este ano,catro millóns nos dous próximos anos a intervencións de seguridade vial na travesía de Padrón, e outros 4 millóns entre 2019 e 2020 ao enlace da N-550 coa orbital de Compostela para oq ue neste exercicio se dotan 500.000. É dicir, comprometen tamén 9.800.000 para os dous próximos exercicios naqueles investimentos que poñen en marcha este ano.

Sen embargo, non se recolle no orzamento do Ministerio de Fomento ningunha partida destinada á poder poñer en marcha o estudo das alternativas de variante do Milladoiro, investimento que o Director Xeral de Carreteras do goberno saínte se comprometeu a incluír nestes orzamentos na reunión que mantivo co Alcalde e máis os voceiros do Grupo Popular e de Ames Novo que acudiron a reunirse con el no Ministerio, en representación do Pleno Municipal, o pasado 7 de marzo.

“Desde o noso punto de vista é un ninguneo, non só ao Concello de Ames como institución, senón ao conxunto da súa cidadanía e, especialmente á do Milladoiro”, manifestou o voceiro de Ames Novo, Quique Costas. “A cousa é tanto máis inxustificable por canto no debate dos orzamentos os deputados de En Marea presentaron unha emenda para subsanar o esquecemento do compromiso adquirido e esta foi rexeitada co voto en contra de todos os grupos que apoiaron a aprobación destes orzamentos”, engadiu.

Ames Novo insta aos demais grupos municipais a solicitar unha nova reunión cos novos responsables de Fomento do goberno entrante tan pronto estes tomen posesión en busca de solucións no curto e longo prazo para os graves problemas de toda índole que o actual discorrer da N550 a través da Avenida de Rosalía Castro xera ás veciñas e veciños do Milladoiro.

Ao mesmo tempo a Iniciativa Cidadá Ames Novo fai un chamamento ás veciñas e veciños a participar na asemblea, convocada pola Plataforma veciñal creada para demandar solucións ao problema, que terá lugar o vindeiro martes día 5 e a mobilizarse expresando o seu rexeitamento á falta de solucións desde as administracións estatal e autonómica. “Xa é hora de que as administracións que teñen competencias nas alternativas que se poden dar como solución tomen nota do grao de indignación veciñal. Naturalmente, aos novos gobernantes en Madrid teremos que darlles unha marxe de confianza e agardar a ver como reaccionan, pero respostas como as que deu publicamente a Conselleira de Infraestruturas Ethel Vázquez son, simplemente, intolerables”, resumiu Quique Costas

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.