CONVOCADA A ELECCIÓN DA CANDIDATA Á ALCALDÍA POR AMES NOVO

Nesta primeira fase elixirase a persoa que será candidata por Ames Novo á Alcaldía. No próximo curso político se realizará a segunda fase, que será a que determine as persoas e orde que concorrerán nos posto do 2 ao 11 da lista electoral.
Na tarde de onte a Asemblea de Ames Novo deu luz verde á convocatoria do proceso electoral que determinará quen será a súa cabeza de lista nas eleccións municipais de 2019. Na mesma foron elixidas as tres persoas que constituirán a Comisión Electoral que ha de dirixir, resolver as alegacións e validar o proceso: Javier Tesouro, José Mariño e Carmen Calviño.
Este proceso rexirase polo Regulamento de Eleccións Primarias e o su anexo, conforme ao texto aprobado pola Asemblea do pasado 14 de maio.
Para poder participar neste proceso é necesario ser maior de 16 anos e formar parte do censo de veciñas e veciños asinantes do manifesto da Iniciativa Cidadá Ames Novo. No enlace podes comprobar se figuras na lista. De non ser así, podes adherirte a ela cubrindo o formulario que aparece ao final do listado ou neste enlace. Recorda que podes integrarte na lista de apoios sen necesidade de facelo público e que, se o teu nome está publicado e desexas seguir facendo parte do censo de Ames Novo pero que o teu apoio non apareza publicamente, só tés que pedilo. O censo electoral pecharase coas persoas que teñan cumprido este trámite antes das 24:00 horas do martes día 12 de xuño. Podes consultar o calendario completo do proceso.
Se queres presentarte como candidata a encabezar a lista de Ames Novo, ademais de ser asinante do manifesto, terás que asinar o Código de Ética Política de Ames Novo. O outro requisito que se precisa para candidatarse é o de reunir 20 avais de entre as persoas asinantes do manifesto, utilizando este formulario. O prazo de presentación de candidaturas ábrese o día 13 e pecharase o 18 de xuño. A continuación a Comisón Electoral revisará a documentación presentada polas persoas que participan como candidatas, que disporán de tres días para resolver alegacións ou defectos na documentación que achegaron.
O sábado 23 iniciarase a campaña electroral na que as candidatas poderán explicarnos os motivos polos que consideran que son a mellor alternativa como candidatas á Alcaldía de Ames e as votacións se efectuarán nos días 29, 30 e 1 de xullo. Nesta ocasión todas as votacións se realizarán en urna, tras decidir prescindir da votación telemática pola nosa falta de infraestrutura técnica para poder facelo e o elevado custo que supón o uso das plataformas de votación con garantías existentes.
Enlaces directos aos documentos:
Calendario da elección
Manifesto da Iniciativa Cidadá Ames Novo
Formulario de Adhesión ao Manifesto
Regulamento de Eleccións Primarias de Ames Novo
Código de Ética Política
Todo o proceso resumido nunha guía práctica
Formulario para a presentación de candidatura
About Admin
Related Posts
Últimas
-
A SUBA DO IBI E A DEMAGOXIA FISCAL
No mes de novembro do ano pasado incrementouse o IBI...
- Posted 3 meses ago
- 0
-
CANDIDATAS/OS NAS PRIMARIAS DE AMES NOVO
Aquí vos presentamos as persoas que se candidatan para ocupar...
- Posted 2 años ago
- 0
-
A COMISIÓN ELECTORAL FAI PÚBLICAS AS CANDIDATURAS PROVISIONAIS ÁS ELECCIÓNS PRIMARIAS
ACTA N.º 2 DA COMISIÓN ELECTORAL DE ELECCIÓNS PRIMARIAS DE...
- Posted 2 años ago
- 0
-
GOBERNO MUNICIPAL E AMES NOVO PECHAN O ACORDO SOBRE O ORZAMENTO PARA 2019
O Goberno municipal e a marea municipalista ultimaron os detalles...
- Posted 2 años ago
- 0
-
CONVOCADAS AS ELECCIÓNS PRIMARIAS DE AMES NOVO
A Asemblea de Ames Novo convoca as Eleccións Primarias que...
- Posted 2 años ago
- 0
-
A INICIATIVA PARA CONSTITUÍR UNHA EMPRESA MUNICIPAL DE SERVIZOS CHOCA CONTRA A INTRANSIXENCIA DA DEREITA E A TIBIEZA DO GOBERNO MUNICIPAL
O Pleno do Concello de Ames celebrado onte rexeitou cos...
- Posted 2 años ago
- 0
-
O ALCALDE DE AMES REXEITA INCLUÍR NA ORDE DO DÍA DO PLENO UNHA PROPOSTA PARA ESTABLECER BONIFICACIÓNS NAS TARIFAS DA AUGA PARA AFECTADOS POLAS MEDIDAS ANTI-COVID
A proposta formulada por AMES NOVO foi rexeitada “por non...
- Posted 2 meses ago
- 0
-
AMES NOVO DENUNCIA RESTRICIÓNS NA OFERTA DE PRAZAS DA ESCOLA DE VERÁN DO CONCELLO DE AMES
O Goberno municipal vén de anunciar que se abre o...
- Posted 8 meses ago
- 0
-
VIVA A MATRIA GALEGA!
O pasado día 23 celebrouse no Pazo da Pregrina o...
- Posted 2 años ago
- 0
-
DEMONIZANDO A XUVENTUDE?
O goberno local impide na práctica a celebración dunha Festa...
- Posted 2 años ago
- 0
-
AMES NOVO CONSIDERA PRECIPITADA A PROPOSTA DE FUSIÓN DE CONCELLOS FEITA POLO ALCALDE DE SANTIAGO E AVOGA POLA CREACIÓN DUNHA ÁREA METROPOLITANA
A creación dun organismo metropolitano permitiría asumir moitas das competencias...
- Posted 2 años ago
- 0
-
CANDIDATURA DE AMES NOVO
Rematado o proceso de primarias, quedan configurados os primeiros postos...
- Posted 2 años ago
- 0