ATENDE

MERTXE ÁLVAREZ E QUIQUE COSTAS SERÁN CANDIDATOS NAS PRIMARIAS DE AMES NOVO

By on junio 19, 2018

Ao principio de xullo coñecerase a persoa que foi elixida como candidata a ocupar a Alcaldía de Ames nunha votación na que están chamadas a participar todas as que conforman o censo de Ames Novo

Unha vez rematado a media noite de onte o prazo para a presentación de candidaturas a encabezar a lista electoral de Ames Novo para as vindeiras eleccións municipais, chegaron á Comisión Electoral dúas candidaturas que cumpren os requisitos fixados no seu regulamento: Trátase de Mertxe Álvarez, veciña de Bertamiráns e membro da Coordinadora de Ames Novo, e de Quique Costas, veciño do Milladoiro e Voceiro do Grupo Municipal.

Ábrese agora un prazo de alegacións ata as 14:00 horas do venres 22. Rematado este e resoltas ou subsanadas as que poidan ser presentadas, a Comisión Electoral procederá á proclamación oficial das candidatas e abrirase a campaña electoral.

O proceso no que se elixe a persoa que será candidata por Ames Novo á Alcaldía de Ames culminará coa votación que se desenvolverá os días 29 e 30 de xuño e 1 de xullo, nas mesas de votación instaladas nos lugares e horarios que serán anunciados no seu momento pola Comisión Electoral.

Esta elección concluirá a primeira fase do proceso de Eleccións Primarias, que terá a súa continuidade no próximo ano coa elección das restantes 10 persoas que ocuparán, xunto coa que agora se elixe, os 11 primeiros postos da lista electoral nas municipais de 2019.

Se queres saber máis sobre as primarias, clica nestes enlaces:
Calendario da elección
Manifesto da Iniciativa Cidadá Ames Novo
Formulario de Adhesión ao Manifesto
Regulamento de Eleccións Primarias de Ames Novo
Código de Ética Política
Todo o proceso resumido nunha guía práctica

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *