ATENDE

COMEZA A CAMPAÑA ELECTORAL DOS ASPIRANTES A ENCABEZAR A LISTA DE AMES NOVO NAS PRÓXIMAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS

By on junio 24, 2018

Mertxe Álvarez e Quique Costas optan a ser a persoa candidata a Alcaldía de Ames nas eleccións primarias nas que máis de 300 persoas están chamadas a votar na vindeira fin de semana. A campaña de eleccións internas inclúe un debate entre ambos aspirantes o vindeiro mércores.

Unha vez pechado o prazo de alegacións, a Comisión Electoral de Ames Novo procedeu na tarde de onte á proclamación oficial das persoas que serán candidatas a optar a Alcaldía de Ames pola Iniciativa Cidadá Ames Novo:

MERTXE ÁLVAREZ (Oiartzun 1966) vive en Galicia desde 2002 e en Ames desde 2011. Estudou na Escola de Hostalaría de Donostia, onde tamén foi mestra. Nai de tres fillos aos que tivo que sacar adiante soa, traballa con contratos temporais como camareira de piso. Loitadora incansable contra as desigualdades, vén participando en numerosos proxectos solidarios. Fundou a asociación veciñal Vivo en Ames e é a organizadora de moitas iniciativas a prol da xente máis desfavorecida como a de “Trasnos e Zocos”. É colaboradora nun plan para a correcta acollida de persoas refuxiadas e, tamén, membro do voluntariado de Protección Civil do Concello de Ames. Participa activamente en Ames Novo desde moi pronto e é membro da súa Coordinadora desde 2014 ata 2016 e, de novo, desde novembro de 2017.

QUIQUE COSTAS (Vigo 1960) desde 1991 desempeñou postos executivos nalgunhas das principais empresas de xestión cultural do país. Ten unha dilatada experiencia de participación política a través do activismo social en numerosas frontes. Probablemente a máis coñecida sexa o seu rol liderando o movemento dos enfermos de Hepatite C polo acceso aos fármacos de última xeración. Membro fundador de Ames Novo, onde exerceu labores de Coordinador entre 2012 e 2015 e, de novo, desde 2016. Membro do Grupo Impulsor do Encontro por Unha Marea Galega, e portavoz do mesmo, participou activamente nos contactos políticos que cristalizaron na creación de En Marea. Desde finais de 2016 é membro do Grupo Municipal da Iniciativa Cidadá Ames Novo. no que asumiu a Portavocía en outubro de 2017.

Hoxe dá comezo a campaña electoral, na que os dous candidatos exporán os seus proxectos e motivacións ás case 350 persoas que compoñen o censo electoral da Iniciativa Cidadá. No transcurso desta campaña ambos comparecerán nun debate aberto que terá lugar o vindeiro mércores, día 27, ás 20:30 horas no Pazo da Peregrina.

As votacións que decidirán quen encabezará a lista electoral de Ames Novo nas vindeiras municipais efectuaranse de xeito presencial durante a próxima fin de semana en urnas instaladas na Oficina Municipal de Ames Novo en Bertamiráns e na Casa da Cultura do Milladoiro nos seguintes horarios:

Bertamiráns: Venres 29 de xuño de 19:00 a 21:00. Sábado 30 xuño de 19:00 a 21:00. Domingo 1 de xullo de 11:00 a 13:00.

O Milladoiro: Venres 29 de xuño de 19:00 a 21:00. Sábado 30 xuño de 11:00 a 13:00. Domingo 1 de xullo de 19:00 a 21:00.

Os resultados da votación daranse a coñecer o domingo día 1 de xullo en torno ás 22:00 horas.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.