ATENDE

PRIMARIAS AMES NOVO: Debate Aberto, Días, Horas e Lugares de Votación

By on junio 26, 2018

Estimadas compañeiras e compañeiros! Os membros da comisión electoral elixidos na última asamblea de Ames Novo, dirixímonos a vós para recordarvos que estamos nun momento clave na carreira para gañar a Alcaldía de Ames e evitar un goberno da dereita no noso concello.

Como xa se informou con anterioridade através desta mesma páxina, a próxima fin de semana eliximos á persoa que encabezará a nosa lista para as Eleccións Municipais 2019. Unha primeira fase do proceso de primarias que é fundamental para nós xa que nela eliximos á persoa que será a cara visible de Ames Novo. Por todo isto convidámosvos a participar neste proceso onde unha vez pechado o prazo de alegacións, a Comisión Electoral de Ames Novo o pasado venres 22 de xuño procedeu á proclamación oficial das persoas que se candidatan:

Mertxe Álvarez
Quique Costas

O pasado sábado, 23 de xuño, dou comezo a campaña electoral na que os dous candidatos exporán os seus proxectos e motivacións ás case 350 persoas que compoñen o censo electoral da Iniciativa Cidadá. No transcurso desta campaña ambos comparecerán nun debate aberto que terá lugar o vindeiro mércores, día 27, ás 20:30 horas no Pazo da Peregrina.

As votacións que decidirán quen encabezará a lista electoral de Ames novo nas vindeiras municipais efectuaranse de xeito presencial, durante a próxima fin de semana en urnas instaladas na Oficina Municipal de Ames Novo, en Bertamiráns, e na Casa da Cultura do Milladoiro nos seguintes horarios:

Bertamiráns: Venres 29 de xuño de 19:00 a 21:00. Sábado 30 xuño de 19:00 a 21:00. Domingo 1 de xullo de 11:00 a 13:00.

O Milladoiro: Venres 29 de xuño de 19:00 a 21:00. Sábado 30 xuño de 11:00 a 13:00. Domingo 1 de xullo de 19:00 a 21:00.

Os resultados da votación daranse a coñecer o domingo día 1 de xullo en torno ás 22:00 horas.

Para calquera dúbida podedes dirixirvos aos membros da comisión electoral, para comprobar si estades no censo de Ames Novo.

Javier Tesouro 691027703
Carmen Calviño 630708803
José Mariño 673041081


Grazas a todas e todos! agardamos unha alta participación, amosando unha vez máis que somos unha alternativa política distinta!

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *