ATENDE

MERTXE ÁLVAREZ: ASPIRO A LIDERAR O AMES NOVO QUE GAÑARÁ AS ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2019

By on junio 29, 2018

Por que eu? Porque aínda que non teño experiencia institucional, sei o que quero, teño vontade e podo aprender, ninguén naceu aprendido…

Por que eu? Porque sei o que necesita Ames e a súa poboación, sei cales son os problemas reais da xente porque son os meus. Toca poñerse as pilas, o ano que vén hai eleccións. E Ames Novo, non so ten que seguir medrando senón que imos a GAÑAR a alcaldía. E para iso temos que ser capaces de mobilizar ás máis de trescentas persoas que formamos Ames Novo e seguir incorporando xente a un proxecto que é de todas e todos o mellor para a cidadanía Amesá. Véxome capaz de conseguilo, primeiro mobilizándonos nós e despois mobilizando á xente da redor…

Por que eu? Porque se son elexida candidata, sairemos elexidos/as todos/as. Porque necesitamos que a xente que nunca estivo involucrada na toma de decisións poida ter voz e ser escoitada. Porque sería o momento de demostrar que nós tamén sabemos gobernar pois ideas, iniciativa, ilusión e ganas de aprender non nos faltan-

Por que eu? Porque véxome capaz de representar a quen se senten ignoradas, a aqueles aos que lles fan crer que non teñen idea de que vai todo. Porque nestes anos, e aínda coa miña inexperiencia, fun quen de sacar adiante proxectos sociais moi importantes: Trasnos e Zocos, Pantuflas, mellorar as condicións dos refuxiados,etc. E entendo que agora é o momento de dar o paso e liderar un proxecto que aspira a transformar un concello que se merece un verdadeiro goberno do cambio. Un goberno de todas /os e para todas/os.

A forza dunha lideresa non reside só nela, este é un proxecto compartido do que todas formamos parte. Creo que o goberno debe estar en mans de persoas que aínda na institución sigan pertencendo aos de abaixo e ser quen de seguir pegando cartaces na rúa e asinando decretos no concello.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *